Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/09/22 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Becerreá e As Pontes senllas xornadas sobre o uso cosmético da cera de abella

Impartiranse os vindeiros días 16 e 17 de setembro respectivamente, cunha duración de seis horas formativas cada unha

09/09/22 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias recibe aos peregrinos que integran a ruta dos dereitos humanos na súa parada en Lugo

O delegado territorial falou coas 25 persoas de varios países que realizan esta marcha, que pretende divulgar os 30 artigos da Declaración Universal coa colocación de placas noutros tantos lugares de Asturias e Galicia

09/09/22 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago, para adaptala á actividade económica e urbanística da contorna

A nova catalogación como estrada convencional da vía que une o polígono do Tambre coas estradas provinciais a Santa Comba e Trazo, permite reducir a súa liña límite de edificación aos 15 metros, fronte aos 50 metros iniciais, sen mudar a configuración da vía

09/09/22 | 12:18

A Xunta concede 21 axudas por preto de 40.000 € para actuacións de mellora, conservación e divulgación das árbores e formacións senlleiras

Outorga 11 subvencións a 6 entidades propietarias ou particulares e 10 axudas distribúense entre os concellos de Triacastela, Caldas de Reis, Padrón e Oleiros

09/09/22 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora das instalacións das asociacións de veciños Santa Cruz e San Vitorio de Arrabaldo, en Ourense, cunha achega de 30.287 euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o edificio que acolle ambas sedes
 

09/09/22 | 11:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 1M€ á organización do xuízo do Alvia para a súa celebración na Cidade da Cultura desde o 5 de outubro

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do dispositivo organizado pola Fundación Cidade da Cultura e puxo en valor a colaboración do

09/09/22 | 10:52 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.415 casos activos por coronavirus

Un total de 670.420 pacientes xa están curados

09/09/22 | 10:46 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por 8,1 M€ oito equipos de radioloxía vascular e neurovascular para os hospitais do Sergas

A Xunta inviste 3.212.913 millóns de euros na compra e instalación de catro equipos de Radioloxía vascular intervencionista, que terán como destino os hospitais da Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol

08/09/22 | 18:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta solicita ao Goberno central que se comece a traballar no Xacobeo 2027 con anticipación e se active o programa de desgravacións fiscais desde o ano 2024

Román Rodríguez lamenta que non se ampliaran as desgravacións neste Xacobeo e salienta o papel desta medida para estimular as achegas privadas e captar recursos
 

08/09/22 | 16:50

Galicia pide a revisión completa e dialogada da Lei de Pesca sostible para dar seguridade xurídica ao sector e unha resposta axeitada ás súas necesidades

A comunidade considera que non é o momento máis oportuno para actualizar unha norma deste calado, tras unha crise pola pandemia, o encarecemento da enerxía e das materias primas, a guerra en Ucraína e a escasos meses de que se aborde a revisión da Política Pesqueira Común