Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reforza o potencial turístico e de lecer do concello de Abegondo co novo complexo de Beche
O vicepresidente segundo, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na inauguración do campamento turístico no marco da celebración do Día da Familia
A Xunta apoia unha operación financeira para facilitar a mellora da competitividade e a viabilidade da cooperativa vitivinícola San Roque de Beade
Así o confirmou hoxe o conselleiro do Medio Rural nunha visita a esta adega, inscrita no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro
A Xunta mantén abertas as convocatorias para impulsar a economía circular e a dixitalización no tecido empresarial galego
A liña de axudas destinada a proxectos para o desenvolvemento da economía circular suma 1,5 millóns para promover novos modelos de negocio circulares mediante a optimización de recursos, a redución no consumo de materias primas e o aproveitamento dos residuos
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas AC-130 e AC-133 ao seu paso polo concello de Ares
Seguirán as actuacións iniciadas nas últimas semanas, tamén na provincia da Coruña, nas estradas AC-413, en Ordes, e na AC-862, en Ortigueira
A Xunta desenvolve un programa para mellorar as capacidades dixitais e incrementar as oportunidades laborais de 10.000 mulleres no rural
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a investir 5,2 millóns de euros nesta nova iniciativa coa que se pretende axudar con preferencia a mulleres desempregadas e residentes en concellos con menos de 30.000 habitantes
As análises realizadas con drons subacuáticos constatan o bo estado de conservación dos fondos mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas
As filmacións efectuáronse co Seasam Rov, un dispositivo cunha capacidade de alcance de 100 metros de profundidade
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas AC-130 e AC-133 ao seu paso polo concello de Ares
Seguirán as actuacións iniciadas nas últimas semanas, tamén na provincia da Coruña, nas estradas AC-413, en Ordes, e na AC-862, en Ortigueira
O Centro Coreográfico Galego retoma o seu plan de formación continua cun curso de baile tradicional impartido por Fran Sieira na Coruña e Ourense
Arranca mañá na sede coruñesa da unidade de danza da Xunta, onde se desenvolverá ata o día 9, e celebrará unha última xornada o sábado 10 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade das Burgas
A Xunta pon de relevo en Segovia o potencial do sector resineiro galego para a xeración de emprego e a fixación de poboación no rural
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o do Centro de Investigación Forestal de Lourizán interviñeron esta semana nas xornadas técnicas de presentación de resultados dos grupos operativos supraautonómicos Resinlab e Acrema