Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/09/22 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O Festival Galicia Ilusiona, que promove a Xunta, recala na unidade de pediatría do HULA

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que o auditorio Gustavo Freire da cidade acolle mañá un dos pratos fortes da programación, a gran gala que protagonizarán algúns dos mellores magos de todo o mundo

02/09/22 | 14:18 | C. de Sanidade

A Área Sanitaria de Ferrol acollerá unha xornada para promover a cultura da innovación entre os profesionais sanitarios

A Xerencia e o Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Ferrol (ASF) organizarán o vindeiro día 22 de setembro, un evento científico para abordar a importancia da innovación no sector da saúde

02/09/22 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias asiste á apertura do ciclo de conferencias “Charlas en chanclas” no Barbeira Fest

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres á conversa na que participaron Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Diego Giráldez e Jorge Martí

02/09/22 | 14:04 | C. de Sanidade

O DOG publicará o vindeiro luns a lista de aspirantes seleccionados para cubrir as 106 prazas de especialistas en atención primaria

Os facultativos prestarán os seus servizos tanto nos centros de saúde como nos Puntos de Atención Continuada

02/09/22 | 14:00 | C. de Economía e Industria

Galicia defende unha baixada do prezo eléctrico que se basee en incentivos, axudas e bonificacións a familias e empresas; no aproveitamento de todas as fontes de enerxía instaladas; e na diversificación tecnolóxica

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, inaugurou esta mañá en Pontevedra unha xornada informativa sobre comunidades enerxéticas e autoconsumo organizada por Cluergal

02/09/22 | 13:53

A Xunta reforza a promoción de Galicia no mercado náutico do norte de Europa coa súa presenza no salón sectorial Hishwa te Water dos Países Baixos

Portos e Turismo de Galicia participan por primeira vez nesta feira para dar a coñecer o sistema portuario autonómico como destino e as rutas de peregrinación por mar

02/09/22 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reivindica o traballo dos agricultores galegos no marco da Feira do Agro da Limia

Jose González salientou no seu discurso o apoio da Consellería do Medio Rural á produción agropecuaria e á súa calidade, tanto nesta bisbarra como en toda Galicia

02/09/22 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axuda a máis de 80 concellos a eliminar as fugas nas súas redes de abastecemento incrementando a súa blindaxe fronte á seca

Vázquez Mourelle explica que Xunta vén de ampliar ata os 600.000 € as axudas autonómicas para que as 83 entidades locais que así o solicitaron poidan beneficiarse delas e elaborar plans de actuación para atallar as perdas de auga nas súas redes de abastecemento
 

02/09/22 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Cenlle

O lume produciuse ao desprenderse material incandescente sobre a vexetación durante unha corta de pedra cunha radial