Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra a mellor cifra de paro nun agosto dos últimos 15 anos e a segunda menor da serie histórica para este mes estival
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, destacou que o paro no último ano descendeu en todas as provincias e sectores de actividade
A mostra fotográfica ‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ deixa o domingo a Cidade da Cultura logo de recibir máis de 15.000 visitas este verán
Un total de 140 instantáneas de fotógrafos consagrados e emerxentes convidan a descubrir a historia, as xentes e o patrimonio da Ruta Xacobea de maior percorrido, de Sevilla a Compostela
A Xunta licita por máis de 873.300 euros as obras de mellora de eficiencia enerxética no edificio da delegación territorial en Ferrol
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentaron hoxe o proxecto que permitirá reducir a emisión de dióxido de carbono a través de melloras na climatización, na iluminación e coa instalación de paneis solares
A Xunta colabora cos concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás para formar 70 mulleres en liderado feminino e previr a violencia de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe un dos obradoiros do programa ‘Hypatía’ financiado pola Xunta con 17.000 euros
A Xunta participa na presentación do Festival Revenidas 2022 que terá lugar a vindeira semana en Vilaxoán no marco dos Concertos do Xacobeo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival
Fernández-Tapias responsabiliza ao alcalde de Vigo de privar aos vigueses dun aforro de ata 464 euros anuais nos seus desprazamentos en autobús urbano
A delegada territorial da Xunta lamenta que Caballero non aproveitase onte para anunciar a incorporación de Vigo ao plan de transporte metropolitano, que na actualidade está a beneficiar a máis de 100.000 usuarios da área viguesa