Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias presenta o libro “A muller no mar: historia de soños cumpridos” e destaca a labor dos autores para poñer en valor ás pioneiras galegas
A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres á presentación da obra escrita por Bartolomé Cánovas e Raúl Villa
Rosa Quintana anima aos preto de 11.000 socios das confrarías galegas a participar nos comicios do 29 de outubro dos que sairán os seus representantes para os próximos catro anos
O Diario Oficial de Galicia publicará o vindeiro luns a convocatoria do proceso electoral, co que comezan a contar os prazos para a elaboración dos censos e a presentación de candidaturas
O albergue xuvenil As Sinas acolle a última quenda de campamentos das cinco que ofertou ao abeiro da campaña de verán da Xunta
Os mozos, de entre 17 e 14 anos, realizan diferentes actividades na que o mar é o protagonista como vela, piragua ou snorkel, entre outras
A Xunta reafirma o seu compromiso a prol do sector gandeiro galego con medidas como o Plan estratéxico do sector lácteo ou o impulso á mellora xenética
O representante da Consellería do Medio Rural puxo en valor avances como a aplicación informática Conta Láctea ou a produción de seme sexado por parte da empresa pública Xenética Fontao
A Xunta entrega en Betanzos catro vivendas protexidas rehabilitadas a través do programa Rexurbe, as primeiras na provincia da Coruña
Os inquilinos, escollidos entre os inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda, pagarán unha renda de entre 125 e 255 € ao mes por pisos de 1, 2 e 3 dormitorios
A Xunta colabora na mellora do parque infantil situado no CRA de Sergude, en Boqueixón
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas do Goberno galego, que supuxeron unha achega de 35.000 euros
A Xunta contribúe á programación escénica da Coruña con 18 actuacións dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
O circuíto de exhibición de espectáculos, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as entidades locais asociadas, achega 10 representacións ao Fórum Metropolitano e oito ao Teatro Rosalía Castro entre os meses de setembro e decembro
A Xunta da a benvida a unha vintena de novos voluntarios do programa ‘Xacobeando’
Estes mozos, de entre 18 e 30 anos, compoñen o cuarto grupo de participantes des-ta iniciativa que contempla accións nos ámbitos da inclusión, a sustentabilidade e a dixitalización no marco do Camiño de Santiago