Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O ciclo ‘Cultura no Camiño’ da Xunta entra na recta final da súa 10ª edición con 53 actuacións artísticas ata o 10 de setembro
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade impulsa este programa de exhibición, que se desenvolve desde mediados de xullo en 88 concellos para ofrecer 298 funcións escénicas e concertos a cargo de máis 130 formacións galegas
A Xunta apoia o Festival Internacional de Cinema de Bueu nunha 15ª edición con nova imaxe e estrutura
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de presentación do certame, que se desenvolverá entre os vindeiros días 11 e o 24
Román Rodríguez subliña que os 2.011 novos profesores que se incorporan ás aulas neste curso son “mostra da boa saúde e o futuro do ensino galego”
Felicita aos docentes polo seu “traballo, compromiso e paixón” e atribúe ao seu “bo facer” o gran avance de Galicia en resultados educativos nos últimos anos
Fernández-Tapias visita o comezo das obras da nova senda peonil e ciclista do Berbés: “será unha transformación histórica para a cidade”
A delegada territorial da Xunta en Vigo valora a colaboración entre institucións para o fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Vigo
Os traballos da Xunta no xacemento de proendos sacan á luz a superficie completa dun hórreo romano
A escavación sitúao como un lugar clave para comprender a chegada do imperio romano ao noroeste peninsular e a articulación da paisaxe agrícola da Ribeira Sacra
Trenor anima aos veciños e visitantes da Costa da Morte a asistir ao espectáculo de Susana Seivane, este venres en Cee, incluído nos Concertos do Xacobeo
O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, participou na presentación deste concerto, acompañado pola artista Susana Seivane, que se celebrará na praza do Concello a partir das 22.00 horas
A Xunta aplica desde hoxe un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estende rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao tren na área de Ferrol
A rebaixa aplicarase sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia
A Xunta impulsa a divulgación dos oficios artesanais galegos na 40 edición do Festiletras
Artesanía de Galicia colabora co encontro que se celebra na aldea do Couto de Ponteceso coa organización o sábado e o domingo dun obradoiro de iniciación ao tecido artesanal aberto a todos os públicos
A Xunta destina 2,5 M€ ás axudas para a dixitalización e innovación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e as súas organizacións
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Industria Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural, con esta convocatoria