Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/09/22 | 13:04 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda recalca a aposta da Xunta polo turismo de saúde e termal no que Galicia é un referente a nivel europeo

Destaca que a Comunidade está a cabeza de España tanto en número de instalacións como en calidade e que se trata dun sector en continuo crecemento

02/09/22 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura en Ourense a mostra itinerante ‘100% María Casares. O teatro é o refuxio’

A iniciativa permanecerá na cidade das Burgas ata o 2 de outubro tras o seu paso por Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo e Lugo
 

02/09/22 | 13:01

A Xunta colabora no apoio e orientación laboral a 15 mulleres coidadores de persoas enfermas de Alzhéimer e outras demencias da comarca de Chantada

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe as dependencias da Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Chantada (AFA) que puxo en marcha o programa ‘Gabinete de apoio á coidadora’

02/09/22 | 12:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Colexio de Médicos de Ferrol analizan a posibilidade de darlle un uso social á antiga sede da entidade

A asociación está a ultimar o seu traslado a un novo local e procura darlle un fin de índole social á instalación que quedará en desuso

02/09/22 | 12:46 | C. de Política Social e Igualdade

Luis López destaca o apoio e compromiso da Xunta a prol da conciliación estival no rural cunha nova edición do Campamento de Forcarei

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado polo alcalde en funcións, José de la Fuente, visitou esta mañá no Centro Social aos 66 cativos participantes dunha iniciativa que tamén está descentralizada con outro grupo no auditorio de Soutelo de Montes

02/09/22 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta executa obras de mellora da eficiencia enerxética no colexio Juan Rey de Lourenzá, ás que destina 311.400 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos inclúen a renovación da carpintería exterior, o illamento da fachada e a instalación de iluminación LED que reduce o consumo

02/09/22 | 12:37

A Xunta apoiará a mobilidade xeográfica das vítimas da violencia de xénero por motivos de traballo con achegas que poderán superar os 10.000 euros

Ofrece ás traballadoras afectadas por esta lacra axudas para atender os gastos de desprazamento, mudanza, aloxamento e gardería ou coidados a persoas dependentes nas que incorran polo traslado de residencia

02/09/22 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e Concello destinan máis de 20.000 euros para mellorar a escola infantil pública autonómica do Hío

As obras consistiron na renovación das aulas e de diferentes espazos como a sala de usos múltiples, así como na impermeabilización e reposición de elementos danados na cuberta