Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/08/22 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Rapa’ regresa a Galicia para rodar a súa segunda temporada co apoio do Hub Audiovisual da Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reúnese con Alfonso Blanco, director xeral da produtora Portocabo

30/08/22 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza que Galicia dará este curso un novo salto na FP con máis profesorado e unha aposta pola modernización e a innovación

Estréanse 37.588 prazas en primeiro curso, 1.700 máis que o ano pasado e un 52% máis que hai unha década, o que garante formación para todos os interesados

30/08/22 | 11:19

A Xunta inicia en Ourense a formación básica en emprendemento da 'Academia makers' que se estrea con 19 participantes

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, inaugurou por videoconferencia o primeiro taller que se desenvolve no Polo de Emprendemento Ourense Centro e Sur, situado en Verín
O obradoiro de competencias básicas celebrarase ata o próximo 22 de setembro coa participación de persoas cunha idea de negocio que desexan poñer en marcha
Durante este mes, a Xunta organizará actividades formativas da Academia tamén en Vilanova de Arousa (Pontevedra), Silleda (Pontevedra) e Coristanco (A Coruña)
Coa ‘Academia Maker’ o Goberno galego espera poder asesorar máis de 60 proxectos que dean orixe a unhas 30 empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

30/08/22 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Vilalba un curso de formación complementaria á análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida

A acción formativa terá lugar os días 5 e 7 de setembro na Asociación de Empresarios Sete Pontes, en Vilalba

30/08/22 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en marcha unha oficina para informar dos avances na mellora e modernización do regadío da Limia aos propietarios das parcelas e ás comunidades de regantes

Inés Santé sinalou que poderán achegarse os propietarios de predios xa adheridos ao regadío, os interesados en incorporarse e -en xeral- os que estean de acordo coa posta en marcha de polígonos agroforestais que facilitarán as obras de ampliación

30/08/22 | 11:04 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.499 casos activos por coronavirus

Un total de 669.185 pacientes xa están curados

30/08/22 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Boqueixón unha acción de formación profesional e adquisición de competencias en cultivos de outono/inverno na horta ecolóxica

O curso terá lugar os días 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de setembro, en horario de tarde, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

30/08/22 | 10:36 | C. do Medio Rural

As axudas da Xunta para promover o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo están dotadas con 7 M€ para os anos 2022 e 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente convocatoria destas achegas, destinadas a cooperativas ou sociedades agrarias de transformación