Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a concentración Xóvenes Peregrinos da Escola Luguesa de Xadrez con simultáneas en 5 concellos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que O Teu Xacobeo patrocina esta actividade que acollerán os municipios de Lugo, Triacastela, Samos, Portomarín e Palas de Rei.
A Delegación de Lugo acolle a presentación do ciclo Revenidas, no marco dos Concertos do Xacobeo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que celebrarase en Ribadeo e Lugo ademais de en Celanova
A Xunta organiza en Xinzo de Limia unha xornada de campo sobre o uso de antixerminante na pataca
A acción formativa terá lugar o vindeiro mércores no campo de ensaios do centro de desenvolvemento agrogandeiro desta localidade ourensá
Rueda destaca o papel de Pepe Domingo Castaño como referente xornalístico e como un dos grandes embaixadores de Galicia
Subliña a contribución do periodista no espallamento do bo nome de Galicia e salienta a súa figura como modelo de emigrante que trunfou fóra da súa terra
A Xunta advirte de que o retraso na mellora da potabilizadora do casal impide consumir o 40% da auga encorada en eiras e limita a garantía de abastecemento a Vigo ao mes de novembro
O encoro que abastece a Vigo é o maior e o que rexistra un maior volume de ocupación da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, polo que esta área sería a mellor preparada para afrontar a seca se a ETAP xa estivese reformada
A aposta da Xunta polo bádminton como modalidade estratéxica acada a súa primeira recompensa internacional co europeo júnior de dobres feminino
A parella formada por Lucía Rodríguez e Nikol Carulla, ambas as dúas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e adestradas por Rafa Vázquez, logrou a medalla de ouro tras a vitoria na final ante Inglaterra
A Xunta adxudica por case 85.000 euros o servizo de xestión telefónica de atención, información e reserva de prazas do transporte público interurbano de Galicia
O obxectivo é dar resposta inmediata ás solicitudes de información, peticións e incidencias relacionadas co transporte regular de viaxeiros da Xunta, incluíndo a reserva de praza en servizos de bus baixo demanda
A Xunta adxudica por máis de 1,86 M€ as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na parroquia de Santo André de Xeve, en Pontevedra
Acometerase unha actuación integral nas estradas PO-223 e PO-224 que favorecerá unha contorna escolar segura, froito da colaboración da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con STOP Accidentes e do diálogo co CEIP Santo André de Xeve
Rueda solicita que as empresas galegas poidan beneficiarse da “oportunidade única” que supón o Perte agroalimentario
Apela a que non se deixe fóra a grandes empresas galegas, como sucedeu cos Perte doutros sectores