Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/08/22 | 10:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza 4 M€ en reforzar os clústeres como impulsores da competitividade e a innovación das pemes galegas

O Igape resolve a convocatoria do programa de axudas ás asociacións empresariais innovadoras, cooperando desta volta con 11 dos principais clústeres galegos para facilitar o impulso tecnolóxico, a innovación e a captación de novas empresas mediante o seu fortalecemento

28/08/22 | 09:15

As axudas do programa da Xunta Muller 22 de impulso á contratación poden solicitarse ata o 30 de setembro

Os incentivos achéganse ata os 6.000 euros para a contratación de mulleres desempregadas por parte de empresas, autónomos, entidades de economía social e sen ánimo de lucro

27/08/22 | 21:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o éxito da Liga Galega das Traiñeiras que aumenta cada ano a súa participación, afección e repercusión

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participaron no acto oficial de clausura da tempada, que rematará mañá coas probas finais da regata Teresa Herrera da Coruña nas que se coroarán os equipos vencedores das categorías A e B masculina e a Feminina da Liga

O Goberno galego incrementou este ano a súa achega ata os 115.000 euros á organización deste evento deportivo a través dun acordo coa Asociación Liga Norte
 

27/08/22 | 14:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 50.000 € para promover o labor das asociacións de persoas con discapacidade a través dun convenio con Cermi Galicia

O acordo procura apoiar á organización, que agrupa ás asociacións deste colectivo na nosa comunidade

27/08/22 | 12:07 | C. de Economía e Industria

O prazo para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme da Xunta de Galicia remata o mércores 31 de agosto

Os apoios teñen como obxectivo a mellora enerxética das instalacións de pemes e autónomos que desenvolvan actividades no comercio, hostalería, artístico-recreativas e outros servizos

27/08/22 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na inauguración do estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín tras unha reforma que atenderá as necesidades de 600 deportistas

A inauguración tivo lugar onte venres cun partido inaugural entre o CD Lalín e o Ourense CF de Segunda RFEF e contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e mais do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López

27/08/22 | 11:16 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais pilla in fraganti unha muller en Amoeiro cando se desprazaba polo monte con pastillas de acendido e un chisqueiro

A investigación estase a realizar conxuntamente con axentes da Policía Autonómica da xefatura de Ourense e as actuacións remitiranse o Xulgado de primeira instancia de Ourense