Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/08/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta aos concellos da bacía do río Grande a intensificar as medidas de control e contención no consumo da auga para preservar o abastecemento á poboación

Os rexistros dos caudais circulantes do río Grande baixan nun 50%, con respecto á media dos últimos 10 anos nesta mesma época do ano

25/08/22 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O DOG publica a convocatoria para a concesión de bolsas de persoas colaboradoras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2022/2023

O prazo de aplicación ás bolsas, destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior, é dun mes dende a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia

25/08/22 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o traballo da compañía coruñesa Osigris como exemplo de transformación dos sectores tradicionais a través da tecnoloxía

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou as instalacións desta start up que desenvolve unha solución dixital para a xestión de explotacións agrícolas e gandeiras

25/08/22 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza a publicación dunha convocatoria de axudas para impulsar o uso da madeira no eido da construción

Jacobo Aboal adiantou que esta liña de achegas financiará os custos na redacción dos proxectos de execución, así como do material de madeira sempre que a edificación incorpore unha porcentaxe mínima deste material

25/08/22 | 13:42

A Academia Makers coa que se esperan crear 30 novas empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal estréase en Verín cun curso aberto a emprendedores

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron hoxe o primeiro curso da Academia que se impartirá no Polo de Emprendemento Ourense Centro e Sur

25/08/22 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta oferta máis de 100 novas prazas en seis proxectos de FP Dual na comarca de Barbanza, con catro títulos totalmente novos e dous que se amplían

Román Rodríguez destaca o incremento da oferta na zona desta modalidade “que é unha gran oportunidade para os alumnos, porque ten unha empregabilidade practicamente do 100%”

25/08/22 | 13:25 | Axencia de Turismo de Galicia

A ampliación do aforo de Balaídos para o concerto de Muse agarda pola autorización do Concello de Vigo

A produtora xa presentou a modificación do Plan de Autoprotección que permitirá aumentar a capacidade do recinto para a actuación máis agardada do verán

25/08/22 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/08/22 | 13:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece 1.300 consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e memoria en Deza e Tabeirós-Montes co programa Coidados Porta a Porta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou deste servizo de proximidade para os oitos concellos das bisbarras na chegada dunha unidade móbil a Forcarei, onde permanecerá ata o luns 29

25/08/22 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa catro concertos de Amancio Prada en espazos monumentais cun repertorio decidado á figura de Rosalía de Castro

O compositor abrirá o ciclo este sábado na igrexa de San Martiño Pinario de Santiago e continuará o domingo no mosteiro de Armenteira de Meis