Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/08/22 | 15:15 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca os fitos conseguidos polo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña nos seus 50 anos de existencia

Julio García Comesaña felicitou a todos os profesionais por contribuír a dar resposta ás necesidades da saúde das persoas

26/08/22 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros destaca o campus de tenis de mesa “Tenistas no Camiño” na posta en valor do Camiño Inglés dende una perspectiva multidisciplinar

Un total de 25 mozos e mozas, de entre 10 e 16 anos e procedentes de Galicia, Asturias e Portugal, toman parte na cita que se levou a cabo esta semana

26/08/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca en Folgoso do Courel o festival dos Eidos co apoio da Xunta para a súa programación musical

Resultou adxudicatario, por segundo ano consecutivo, dunha das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música, a través das que este ano se distribúen 350.000 euros entre 21 encontros

26/08/22 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta visita as casas niño de Navia de Suarna, Samos e Triacastela

Galicia conta con 440 prazas nestas pequenas escolas infantís situadas en municipios con poucos habitantes

26/08/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de mellora do firme de tres estradas da zona sur de Lugo suporán afeccións ao tráfico os días 29 e 30 de agosto na LU-603, en Pantón

A LU-603 estará totalmente cortada ao tráfico entre as 8:00 horas da mañá e as 19:00 horas da tarde cada un destes dous días

26/08/22 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás despide con preto de 30.000 visitas a mostra ‘Obxectos de desexo’ organizada pola Xunta, a Fundación ”la Caixa” e o Vitra Design Museum

O Museo Gaiás exhibe ata o domingo 280 pinturas, esculturas, obxectos ou fotografías de Man Ray, Dalí, Gaudí, Le Corbusier, De Chirico ou Meret Oppenheim entre outros

26/08/22 | 13:28 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra aos afectados polo incendio forestal de Valdeorras que están en prazo de solicitar as axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras

No encontro cos representantes das comunidades de montes de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Rubiá, o titular de Medio Rural lembrou o contido das achegas económicas de 4 millóns de euros convocadas polo seu departamento

26/08/22 | 13:04 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello de Campo Lameiro mellorarán o centro de saúde deste municipio

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Campo Lameiro asinaron un convenio ao que destinarán máis de 110.000 euros

26/08/22 | 12:51

A Xunta completa a primeira fase dos traballos de restauración ecolóxica para preservar a duna do Parque Natural de Corrubedo

O obxectivo é recuperar o espazo protexido e mellorar o hábitat das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea, considerado prioritario a nivel comunitario

26/08/22 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

As obras iniciaranse previsiblemente nas vindeiras semanas e suporán un investimento autonómico de máis de 22.000 euros