Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta de Galicia e a UNEF avalían novas medidas para o fomento do aforro e a eficiencia enerxética
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, mantivo un encontro por videoconferencia con representantes da Unión Española Fotovoltaica para estreitar a colaboración en materia de axilización de axudas e simplificación de trámites
A Xunta promoverá os produtos de calidade do agro galego no Festival da Luz en Boimorto
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, programou para este evento unha serie de actividades e degustacións de produtos galegos con indicativo de calidade para todos os públicos
Galicia rexistra un total de 1.635 casos activos por coronavirus
Un total de 668.594 pacientes xa están curados
A Xunta convoca a IV edición do Premio aos Empregados Públicos Innovadores para recoñecer o traballo a prol dunha administración máis eficiente
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste certame ao que pode presentarse o persoal ao servizo da Administración pública autonómica, as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e as universidades públicas
A Xunta convoca as axudas para compensar as reducións de xornada por coidado de fillas e fillos co maior orzamento dos últimos anos e apoios extra a familias monomarentais e monoparentais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria que contará cun presuposto de 773.393 euros, un 34% máis que o ano anterior
A Agasp acolle desde hoxe ata o domingo o encontro profesional de árbitros de balonmán da comunidade
Máis dun cento de participantes entre árbitros da categoría nacional e internacional así como aspirantes en formación recibirán preparación de profesionais expertos nesta actividade organizada pola Federación Galega de Balonmán
A Xunta impulsa a renovación de bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais de 14 concellos lucenses cun investimento de 162.500 €
As achegas permiten reformar instalacións, actuar sobre a accesibilidade e ampliar as dotacións, entre outros aspectos
A economía galega medrou no segundo trimestre do 2022 un 4,4%
A evolución respecto ao trimestre anterior presenta un crecemento do 1,1%
A Xunta fomenta o deporte e o lecer activo no minicampamento ‘Aventura en Paradanta’, en Covelo
Esta é a terceira e última quenda da iniciativa, que inclúe distintas e visitas pola zona nas que participan esta semana 20 mozos galegos de entre 10 e 14 anos