Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/08/22 | 12:44 | C. de Sanidade

A Central de Coordinación do 061 recibiu máis de 768.000 chamadas no que vai de ano 2022 en Galicia

No mes de xullo deste ano atendéronse 120.661 chamadas, o que supón unha media de mais de 3.800 chamadas ao día xestionadas
 

20/08/22 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta porá en marcha unha Film Commission para consolidar Galicia como plató de cine

Esta nova plataforma do Hub Audiovisual funcionará como escaparate para que os profesionais do sector ofrezan os seus servizos e atopen os recursos que precisan

20/08/22 | 11:26 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Larouco avanzan na posta en marcha dunha aldea modelo e dun polígono agroforestal no marco da Lei de recuperación da terra

A aldea modelo -en fase de recollida de sinaturas- permitirá a posta en valor de 34,17 hectáreas arredor do núcleo de Santa Mariña de Seadur, co obxecto de fixar poboación e de xerar riqueza ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais
 

20/08/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Hospital Público Gran Montecelo disporá de 265 baños modulares, o que permite aforros de tempo dun 20% na súa execución

A dotación destes equipamentos nas habitacións evita interferencias coa construción da estrutura do edificio, polo que a súa instalación será simultánea ao avance en altura da torre de hospitalización

20/08/22 | 11:00 | C. de Sanidade

O Goberno galego avanza no proxecto dun observatorio de saúde pública para Galicia mediante unha plataforma de datos abertos

A licitación contempla un orzamento base de máis de 800.000 euros e ten como obxecto o desenvolvemento, configuración, posta en marcha e mantemento do Observatorio

20/08/22 | 10:45

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro para o seguimento da poboación de cabalos de Sálvora

Unha decena de animais presentes na illa foron equipados cun emisor GPS que permite localizar a súa posición exacta cada 10 minutos, información que se utiliza para optimizar o seu manexo e medir posibles impactos sobre a vexetación

20/08/22 | 10:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha enquisa en liña para coñecer as inquedanzas da xuventude galega e promover novas accións para a mocidade

Forma parte da fase de elaboración do ‘Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2022-2027’, que tamén escoitará á xente nova da nosa comunidade a través de foros de debate presenciais

20/08/22 | 10:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.697 casos activos por coronavirus

Un total de 667.790 pacientes xa están curados
 

20/08/22 | 10:00 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta propón ao Goberno un plan especial para dotar de Internet de alta velocidade os territorios con características especiais de dispersión e despoboamento

O Goberno galego insiste na necesidade dunha maior descentralización dos fondos para que as actuacións se adapten ás necesidades específicas das Comunidades Autónomas
 

20/08/22 | 10:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para a execución das obras da nova senda entre Oleiros e Leirado, en Salvaterra de Miño, que suporá un investimento da Xunta de 1,5 M€

Construirase un itinerario de uso fundamentalmente peonil, que dará continuidade aos treitos de senda xa executados en distintas actuacións nos últimos anos