Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta amplía a “prealerta por escaseza” de auga á bacía do río Tambre e do río Grande
A “prealerta por escaseza” activada hoxe inclúe os sistemas da bacía do Tambre e dos ríos que desembocan na ría de Muros-Noia, así como a conca do río Grande e dos ríos que acadan a ría de Camariñas e a costa de Cabana, Laxe e Muxía
O Da Summer 2022 reúne en Vigo a 5 dos mellores bailaríns europeos de hip-hop baixo o patrocinio da Xunta de Galicia
O secretario xeral para o Deporte visitou o campamento de danza urbana nunha nova mostra do pulo que a Xunta de Galicia leva realizando aos deportes urbanos nos últimos anos
A Xunta de Galicia ve en Granitos Cabaleiro un exemplo de empresa que aposta polo aforro e a eficiencia enerxética
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá as instalacións da firma, no Porriño, para comprobar as actuacións que se están levando a cabo e que encaixan co obxectivo de avanzar cara a unha minaría máis sostible
Galicia e Castela e León poñen en marcha proxectos conxuntos de apoio aos cidadáns do exterior e aos retornados
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Acción Exterior en Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, mantiveron unha reunión na que se abordaron cuestións como a colaboración conxunta de entidades de ambas comunidades no exterior, a ampliación das liñas de apoio aos cidadáns do exterior e a potenciación do ámbito virtual para dinamizar os centros e ofrecer máis e mellor información a través das páxinas web e redes institucionais
As obras de ampliación da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo, farán necesarios cortes nocturnos no tráfico a partir deste domingo
Os cortes débense aos traballos de finalización do estendido da última capa de firme no tronco e nas glorietas da actuación
A Xunta destina preto de 95.000 € á renovación de auditorios, bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais de 8 concellos da provincia de Ourense
O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense serán beneficiados, ademais de Vilar de Barrio, os concellos de Cartelle, Pereiro de Aguiar, Cenlle, Allariz, Verea, O Carballiño e Coles
A Xunta adxudica preto de 200.000 euros en axudas ao talento audiovisual para 19 proxectos de guión, webseries, curtas e longametraxes
Publícase a resolución de concesión da convocatoria de 2022, que selecciona na modalidade de longas as propostas de Alejandra Aguirre, Miramemira e Ángel Santos, mentres que ‘Nómade e Pulp air’ son as beneficiarias no apartado de series para a rede
A Xunta aposta pola dixitalización da saúde pública, coa promoción do software de xestión de laboratorio para esta Dirección Xeral da Consellería de Sanidade
O proxecto conta cun presuposto base de licitación que supera os 400.000 euros; outras liñas de traballo fan alusión á axilización dos procesos e a mellora da eficiencia en todo o sistema vencellado á saúde pública
A Xunta avalía coas comunidades de montes de Oímbra e Verín os danos producidos polos incendios forestais na zona e as medidas para paliar a afectación
No encontro avaliáronse os danos e avanzouse nas diferentes liñas de traballo conxuntas para facerlles fronte