Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/08/22 | 15:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/08/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida a despedir ‘Atardecer no Gaiás’ con Caldo e Néboa, dúas bandas que representan a aposta pola experimentación da nova escena musical galega

A Cidade da Cultura pecha o ciclo con dúas das formacións galegas con maior proxección e expoñentes da capacidade de renovación da música en Galicia

22/08/22 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 750.000 € na mellora da eficiencia enerxética nos CEIP Pedro Caselles de Tomiño e Número 1 de Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou hoxe esta dobre actuación, consistente na substitución das carpintarías exteriores e a reparación de filtracións para mellorar o comportamento térmico de ambos colexios

22/08/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-231, no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Sobrado dos Monxes

A actuación céntrase na execución dunha senda de dous metros de ancho entre os puntos quilométricos 14+065 e 15+615

22/08/22 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destina 154.000 euros ao programa ‘Acougo’ da Fundación Monte do Gozo encamiñado á inserción social de persoas con patoloxía dual

Permitirá financiar 9 prazas residenciais, aínda que dependendo da autonomía das persoas usuarias e da súa situación familiar pódese optar a réxime semirresiden-cial

22/08/22 | 13:13

A Xunta anima á mocidade a solicitar as axudas para comprar vivenda en concellos de ata 10.000 habitantes, cun orzamento para este ano de 2,55 M€

Estes incentivos poderán pedirse en 257 municipios galegos, 56 máis que na anterior convocatoria, cando estaban limitados a entidades locais de 5.000 veciños ou menos

22/08/22 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 663.000 euros na rehabilitación integral do CPI Padrenda-Crespos

O delegado territorial explicou que estas intervencións que promove a Xunta en infraestruturas escolares apostan por un modelo de centros “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia”

22/08/22 | 12:52

A Xunta enxalza a aposta pola innovación da autoridade portuaria da Coruña na busca de enerxías alternativas para descarbonizar a economía

O Executivo galego pon en valor as iniciativas do ente portuario para desenvolver un autobús propulsado por hidróxeno e unha planta para a súa xeración en Punta Langosteira que permita atender as necesidades de subministración

22/08/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda que unirá A Casilla, O Araño e Burés, no concello de Rianxo, cun investimento de máis de 500.000 €

A actuación ten un prazo de execución de 6 meses e preténdese que estea rematada na primavera do vindeiro ano