Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta vai investir 427.000 € para rematar as obras das concentracións parcelarias de Nigoi-Arca, Codeseda e Monte Val do Vea, no Concello da Estrada
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, mantivo unha reunión informativa co alcalde, José López, para informar deste investimento, que permitirá finalizar tres procesos que roldan as 2.000 hectáreas e benefician a 2.005 propietarios
A Policía Autonómica e a UIFO identifican un responsable dun incendio intencionado provocado cun chisqueiro no concello de Santiago de Compostela
Os axentes da UPA identificaron a un dos dous presuntos autores e determinaron que o lume se orixinou de forma intencionada cun chisqueiro
Un total de 88 proxectos optan a entrar na cuarta edición da Business Factory Aero
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou en Pontevedra a empresa UAV Instruments, especializada en solucións innovadoras no sector dos vehículos non tripulados e que grazas á súa participación neste programa ampliou as súas capacidades operativas
A Xunta promove un verán en familia nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño
Esta iniciativa duplicou este ano as súas prazas ata un total de 2000, das cales 1035 foron destinadas á residencia de Panxón
O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada OU-304 en Tixós, no concello de Baltar
Gabriel Alén explicou que a intervención, que conta cun investimento de preto de 50.000 euros, céntrase na execución de novas beirarrúas na zona e dispón dun prazo de execución de 4 meses
A música galega prepara o seu desembarco no Womex de Lisboa co apoio da Xunta
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu á cantautora Sheila Patricia con motivo da súa selección dentro do programa oficial da 28ª Worldwide Music Expo na capital portuguesa, onde viaxará coa colaboración do Goberno galego
A Xunta habilita un teléfono de cooperación cidadá para denunciar anonimamente irregularidades no marco do plan de control da vendima
O teléfono, que está a disposición tanto para cidadáns como para profesionais do sector, é 988 517 302
A Xunta solta na praia de Esmelle seis últimos polos de píllara das dunas criados en catividade esta campaña no Centro de Recuperación da Fauna de Oleiros
A delegada territorial, Martina Aneiros, participou no acto, xunto a persoal técnico e representantes da USC e da Sociedade Galega de Historia Natural
A Xunta declara tres novas aldeas modelo en Vilariño de Conso, Avión e Ames no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
A aldea de Soutogrande, en Vilariño de Conso, ten unha superficie de 33,50 hectáreas; a de Cortegazas, en Avión, abrangue 15,11 ha; e a de Ferreiros, en Ames, conta con 8,55 hectáreas