Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/08/22 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina máis de 6M € a 17 obras en centros educativos da comarca de Deza-Tabeirós este 2022

As actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que centra o 40% do seu orzamento en intervencións para a mellora da eficiencia enerxética

24/08/22 | 13:11

A Xunta e o concello de Toén investirán case 425.000 € na humanización do núcleo rural de Moreiras

Os traballos, cun prazo de execución dun ano e que se prevén licitar o mes que vén, inclúen a creación dun espazo público con 12 prazas de aparcamento, a construción de ramplas accesibles con miradoiros e escaleiras e unha senda peonil, entre outros

24/08/22 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a ampliación do crédito das axudas aos concellos para erradicar as fugas de auga nas redes de abastecemento, destinando un investimento total de 600.000 €

Amplíase en preto de 300.000 € o investimento desta convocatoria impulsada pola Xunta, para que os 83 concellos que solicitaron a axuda poidan acceder a ela e realizar auditorías municipais dirixidas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga

24/08/22 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a implantación e consolidación de empresas coa construción de sete viveiros industriais

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, subliña que estas axudas, que suman 1,68M€, suporán un importante apoio para novos empresarios nas súas primeiras etapas de actividade

24/08/22 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata unha senda peonil en Xesteira, no concello de Cerdedo-Cotobade, para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-233

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Jorge Cubela, supervisaron o novo itinerario seguro deste lugar da parroquia de Almofrei, que ten unha lonxitude de 280 metros e supuxo un investimento de 48.000€

24/08/22 | 10:44

Concellos, Anpas e entidades de iniciativa social poden solicitar ata o 29 de agosto as axudas da Xunta para apoiar a conciliación dunhas 12.000 familias

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 6,7 millóns de euros neste programa de apoios que se engloba no conxunto de actuacións que está a desenvolver con fondos estatais procedentes do Plan Corresponsables

24/08/22 | 10:18 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.475 casos activos por coronavirus

Un total de 668.465 pacientes xa están curados