Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/08/22 | 12:29

A Xunta somete a información pública a Estratexia galega de infraestrutura verde para enriquecer o documento coas achegas de toda a sociedade

Desde hoxe e durante dous meses, os cidadáns, institucións ou empresas que estean interesados poderán acceder ao texto e remitir as súas ideas e suxestións

23/08/22 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras dunha senda peonil na estrada autonómica PO-252, en Pazos de Borbén

A actuación supuxo un investimento autonómico próximo aos 45.000 euros

23/08/22 | 11:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto dunha senda na contorna do enlace da autovía do Salnés coa PO-504, en Sanxenxo, que suporá un investimento de máis de 178.000€

O obxectivo é habilitar un itinerario peonil de 382 metros de lonxitude que permitirá unir ambas marxes desta autovía autonómica

23/08/22 | 11:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 800 persoas superaron no último ano o curso da Agasp que permite a habilitación para exercer as funcións de persoal de control de acceso

A Xunta convocou o ano pasado unha ducia de cursos de 6 horas realizados na Academia, que substitúen ás probas anuais do anterior decreto

23/08/22 | 10:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove 22 actuacións en 14 concellos de Lugo na última quincena do ciclo Cultura no Camiño

Apoia a dinamización cultural dos municipios polos que transcorren as rutas xacobeas asumindo o 50% do investimento de cada espectáculo

23/08/22 | 10:40

A Xunta mantén a súa aposta pola prevención de riscos laborais no ámbito forestal cunha nova actividade baseada na técnica da gamificación

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) emprega mecánicas de xogo para fomentar unha cultura preventiva que reduza os accidentes laborais

23/08/22 | 10:28 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.454 casos activos por coronavirus

Un total de 668.331 pacientes xa están curados

22/08/22 | 18:03 | C. do Medio Rural

A Xunta solicita como medida preventiva a situación 2 en dous incendios activos arestora nos municipios pontevedreses de Moaña e Ponteareas

No caso de Ponteareas (parroquia de Guillande), a situación operativa solicítase pola proximidade do lume ao núcleo de Raimonde