Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/08/22 | 16:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e os concellos da bacía do Lérez coinciden na necesidade de manter a contención no consumo de auga nos usos municipais e individuais para garantir o abastecemento na área

Constátase que as entidades locais seguen aplicando as medidas de contención que viñan adoptando ata o de agora, manténdose os datos do consumo total a día de hoxe no entorno dos 0,5m3/s
 

17/08/22 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o crecemento do festival Barbeira cunha “oferta de calidade” que consolida a cita musical e as súas actividades paralelas en Baiona

A delegada territorial da Xunta en Vigo presentou este mércores a nova edición do Barbeira Season Fest que se celebrará en Baiona entre o 31 de agosto e o 4 de setembro
 

17/08/22 | 14:36

A Xunta asina co concello da Laracha o convenio que permite ampliar as zonas habilitadas para a pesca recreativa no peirao de Caión

Portos de Galicia avanza así no seu compromiso de abrir máis zonas mediante a colaboración cos Gobernos locais fixando un control e vixilancia desta actividade vencellada unicamente co ocio veciñal e totalmente allea á operativa portuaria
 

17/08/22 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de rehabilitación integral do CEIP de Mariñamansa

O delegado territorial explicou que as obras teñen por obxecto conseguir un menor gasto enerxético e unha mellor e máis cómoda estancia dentro del, así como a mellora das instalacións deportivas e os accesos ao edificio

17/08/22 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta potencia a práctica deportiva e o contacto coa natureza entre os máis novos co campamento ‘Multiaventura nos Chacotes’

Os preto de 60 participantes, de entre 12 e 14 anos, desenvolven en Palas de Rei dis-tintas actividades vencelladas ao deporte como bicicleta de montaña, escalada ou tría-tlon

17/08/22 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dota con 300.000 € as subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais para afondar na senda da recuperación do sector

O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras desta convocatoria, que abre mañá o prazo dun mes para presentar solicitudes para a fase de preprodución de futuras películas e series
 

17/08/22 | 13:32

Galicia aposta pola cogobernanza co sector na xestión marítimo-pesqueira para manter a súa posición de referente a nivel europeo

A comunidade defende a cooperación entre as distintas partes interesadas para unha óptima xestión e ordenación da actividade e facer fronte a retos como a revisión da Política Pesqueira Común e o desenvolvemento da economía azul

17/08/22 | 13:19

A Xunta encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas as actuacións para a redacción do proxecto de construción do novo centro de saúde de Muiños

A dotación prevista duplicará a superficie do actual centro, pasando dos 170 m² aos 340, e contará con importantes melloras tanto para os usuarios como para os profesionais