Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/08/22 | 12:58

Lorenzana avoga en Boqueixón por unha conciliación corresponsable para acadar a incorporación plena da muller ao mercado de traballo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe o programa Verán Activo que financia a Xunta con 18.000 euros e conta coa participación de máis de 100 nenas e nenos de entre 3 e 12 anos

17/08/22 | 12:49 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda longa a persoas vulnerables

Ábrese así o proceso de inscrición das entidades colaboradoras, dirixido a operadores de telecomunicación e empresas que ofrezan servizos de internet, que terán de prazo ata o 19 de setembro para presentar a súa solicitude

17/08/22 | 12:30

A Xunta adxudica por preto de 600.000 € as obras de rehabilitación da praza de abastos de Viana do Bolo

Grazas a un convenio asinado en abril, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará o 70% do orzamento e a administración local, o 30% restante

17/08/22 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2,7M€ este ano á dotación de equipamento e en apoio ás actividades dos clubs e federacións deportivas da comunidade

O vicepresidente segundo visitou hoxe o Club Náutico Firrete de Pontedeume, unha das 97 entidades beneficiarias das axudas para a adquisición de equipamentos, nas que a Xunta inviste 700.000 euros

17/08/22 | 12:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa este próximo sábado a segunda edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

O obxectivo do encontro, que se celebra durante toda a xornada do 20 de agosto no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober), é impulsar a comercialización do produto artesán galego e a difusión dos oficios tradicionais

17/08/22 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a autorización da extensión ao conxunto de Galicia das vantaxes do transporte metropolitano, reducindo o prezo do billete do autobús a 150.000 veciños de 119 concellos rurais

Coa creación da Área de Transporte de Galicia, os usuarios dos concellos adheridos poderán gozar de descontos mínimos de 50 céntimos nos billetes e transbordos gratuítos

17/08/22 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ofrece servizos especiais de autobús os días 19, 20 e 21 de agosto, durante a celebración do festival Nachiños Fest en Ferrol

Os días 19 e 20 habilitaranse dous autobuses desde Praza Galicia ata A Pedreira ás 18:30h e ás 19:30h para facilitar o acceso ao festival

17/08/22 | 10:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia convoca por primeira vez apoios para pemes e autónomos que conxugan axudas directas e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos

O prazo de solicitude da nova convocatoria do programa Galicia Inviste, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, está aberto ata o 30 de setembro

17/08/22 | 10:25 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.570 casos activos por coronavirus

Un total de 667.449 pacientes xa están curados

17/08/22 | 10:23

A Xunta avanza na rehabilitación de dous edificios en Vilalba para convertelos en vivendas de promoción pública

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se prevé rematar o inmoble da rúa Concepción Arenal a finais deste mesmo ano e o da rúa Ferrería a principios do próximo