Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/08/22 | 16:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sitúa a Ourense no epicentro musical coa celebración do OUR FEST Xacobeo 22 o vindeiro 17 de setembro

O delegado territorial subliña que se procura amosar o "impresionante patrimonio natural e inmaterial" que posúe Galicia
 

16/08/22 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
16/08/22 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta subliña o seu compromiso coa posta en valor do patrimonio cultural e coa conservación dos restos arqueolóxicos da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vai investir 16.117,20 euros na edición deste ano
 

16/08/22 | 14:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aumenta un 23% o convenio con EAPN-Galicia para facer fronte á pobreza e á exclusión social ata chegar aos 65.000€

O convenio recolle entre os seus obxectivos a creación de grupos de traballo, a organización e participación activa en foros sociais e políticos, así como facilitar o intercambio de información entre entidades para mellorar a atención ás persoas máis vulnerables

16/08/22 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traballa nas zonas afectadas polo lume no Barbanza para evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites do rego de Castelo e nas do rego das Lobeiras, en Ribeira

Co obxectivo de iniciar os traballos precisos coa maior celeridade posible, os equipos técnicos da Xunta traballan hoxe na zona onde se atopan os puntos máis afectados polos incendios

16/08/22 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta da empresa téxtil D-due pola calidade para gañar presenza a nivel internacional

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Sanxenxo o pop up no que as prendas da firma de Rianxo comparten espazo con pezas de máis dunha trintena de obradoiros de Artesanía de Galicia

16/08/22 | 11:10

A Xunta porá en marcha a ‘Academia Makers’ para impulsar a creación de máis de 30 novas empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O obxectivo principal é crear unha rede de emprendemento para aumentar a competitividade do tecido emprendedor da Eurorrexión, seguindo a filosofía maker