Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/08/22 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas AC-842, OU-300, OU-320, PO-510 e PO-400

As tarefas de limpeza beneficiarán aos concellos de Ortigueira, Allariz, San Cibrao das Viñas, Salceda de Caselas, Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra do Miño
 

16/08/22 | 10:45

A Xunta licita as obras para mellorar espazos públicos nos concellos de Bande e Os Blancos, cun investimento total de máis de 200.000 €

No caso de Bande, a intervención consistirá na reforma da praza, da zona do mercado e da biblioteca

16/08/22 | 10:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorpora 15 novos centros ao programa ‘Educación responsable’ de desenvolvemento emocional, social e creativo

Na actualidade participan nesta iniciativa 71 centros de ensino, 8.766 alumnos e 735 docentes

15/08/22 | 16:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 60.000€ o programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH da fundación Ingada

A iniciativa ten como finalidade as persoas con este trastorno poidan desenvolver axeitadamente as súas habilidades de aprendizaxe e socialización, así como superar situacións de necesidade e risco social

15/08/22 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os Premios Fin de Carreira para titulados superiores de música, arte dramática, conservación e restauración de bens culturais e deseño

Están dirixidos ao alumnado destas ensinanzas que rematou os seus estudos no curso 2021-22 cunha nota media igual ou superior a 8,5 no expediente

15/08/22 | 13:45

A Xunta ultima a aplicación web ‘A paisaxe de Galicia dende a bicicleta’ co inicio da fase de probas


A ferramenta desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio sométese ás últimas comprobacións técnicas para asegurar o seu axeitado funcionamento de cara ao seu lanzamento oficial, previsto para o mes de setembro

15/08/22 | 12:15

Máis de 2.200 persoas participaron no que vai de verán na campaña ‘Do mar, vívese’ da Xunta de Galicia para tomar conciencia da importancia de respectar o labor do sector marisqueiro nas praias

Desde a súa posta en marcha o pasado mes de xullo, locais e turistas de todas as idades puideron empatizar co traballo que realizan os profesionais deste sector, coñecer as distintas especies e axudar á conservación do medio a través de diferentes obradoiros de actividades