Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/08/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546

A intervención proxéctase nas vías citadas ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira
 

10/08/22 | 10:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.201 casos activos por coronavirus

Un total de 665.975 pacientes xa están curados
 

10/08/22 | 10:11

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de ata 10.600€ para apoiar os autónomos que volvan emprender tras o cese de actividade ou cambien de sector

O Bono Nova Oportunidade, dotado con cinco millóns de euros, poderá pedirse ata o próximo 31 de outubro
 

09/08/22 | 17:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove un campo de voluntariado na Illa de San Simón con actividades culturais, patrimoniais e medioambientais

Durante case dúas semanas 14 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos realizan talleres, estudos das especies autóctonas e proxectos das propias instalacións

09/08/22 | 14:56

A Xunta emite informe ambiental favorable ao proxecto para continuar a AG-59 entre a Tamallosa e Estrada

O DOG publica hoxe o anuncio polo que se fai pública a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que inclúe unha serie de condicionados para garantir a mínima afección aos valores da contorna

09/08/22 | 14:26

Os ingresos das lonxas galegas pola venda de polbo na última campaña constatan a recuperación da especie na Comunidade

Os centros de poxa galegos comercializaron 1.700 toneladas durante a campaña 2021-2022, máis do dobre que no exercicio anterior, e o prezo medio foi o máis alto das últimas tres pesqueiras con máis de 9 euros o quilo en primeira venda

09/08/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega a Palas de Rei o concerto de ‘Danza Invisible’ e ‘La Guardia’, da man do Xacobeo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento musical, con entrada gratuíta e que terá lugar pasado mañá ás 22.00 horas