Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por case 12 M€ as obras dos colectores e da nova depuradora de Foz, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade de tratamento
As intervencións contan cun prazo de execución de 33 meses: os 3 primeiros para redactar o proxecto, 18 para a execución das obras e 12 meses para a posta en marcha da nova depuradora
Rueda enxalza o esforzo da Xunta por construír itinerarios peonís seguros e destaca o Salnés como área de referencia en mobilidade sustentable
Subliña que o Goberno galego completará un itinerario entre Cambados, Vilanova e Vilagarcía, ademais da Illa de Arousa, para o que se conta cun investimento de máis de 1,1 M€
A Xunta inviste preto de 250.000 euros na mellora enerxética da nova Casa do Concello de Silleda
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Silleda asinaron hoxe o acordo para a instalación e adaptación do novo edificio consistorial á rede de calor existente no municipio
Román Rodríguez visita a nova musealización do claustro do convento de Herbón rehabilitado pola Xunta cun investimento de medio millón de euros
A actuación permitiu abrir ao público este espazo, o máis antigo do conxunto, e expoñer nel pezas de interese patrimonial
A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada ao servizo das explotacións agrogandeiras de Galicia
José González puxo en valor o apoio da Xunta a esta empresa dende o inicio da súa actividade, así como o seu o crecemento “exponencial”, que lle permitiu converterse en referente na xestión de subprodutos cárnicos non destinados ao consumo humano nin animal
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Monforte de Lemos dun terreo anexo á estrada LU-664 nas proximidades do hospital
O tramo obxecto da transferencia atópase entre os puntos quilométricos 0+890 e 1+150
A Xunta renova a súa terceira resonancia magnética móbil logo de procederse á súa adxudicación por un importe de 891.680 euros
Grazas a esta tecnoloxía, os pacientes galegos aforran milleiros de quilómetros en desprazamentos, garantíndose a igualdade na asistencia a aquelas persoas que viven lonxe dos seus centros de referencia
A Xunta activa unha alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense
O episodio comezará previsiblemente ao mediodía con máximas de ata 39 graos
A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras da senda entre A Ponte e Santa Cataliña, no concello de Santa Comba, cun investimento de 177.000 €
A previsión é iniciar os traballos, que teñen un prazo de execución de 4 meses, a finais de ano ou comezos do seguinte
A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada AC-413 na Tablilla, no concello de Cerceda, cun investimento de máis de 120.000 €
Executouse un itinerario de máis de 400 metros na marxe esquerda da estrada para reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos a pé dos veciños