Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistrou un mes de xullo moi seco e extremadamente cálido, cunha vaga de calor histórica entre os días 11 e 15
O avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia conclúe que a anomalía media da temperatura foi de +2,7 ºC, a máis elevada da serie desde 1981
A nova web da Fundación Galicia Europa explica a participación de Galicia nos asuntos comunitarios
A oficina de Galicia en Bruxelas presenta un novo portal máis intuitivo e visual que tamén aborda as políticas europeas desde un punto de vista galego
Fernández-Tapias clausura o obradoiro de emprego xuvenil de Vigo no que se formaron 16 alumnos en deseño gráfico web e dinamización de proxectos
A delegada territorial de Xunta incidiu no fin de mellorar a empregabilidade e incrementar as oportunidades laborais do alumnado cunha formación de calidade
A Xunta inviste máis de 200.000 euros na mellora enerxética dos xulgados de Noia
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe o edificio, onde anunciou o inminente comezo das obras e da dixitalización dos arquivos a través do Plan de expurgo
A Xunta colabora coas tres universidades galegas para o desenvolvemento dunha nova edición do máster en Xestión e Dirección Laboral
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade asinou cos reitores da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo un acordo para levar a cabo esta iniciativa
A xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Ames da avenida da Peregrina de Bertamiráns
A transferencia enmárcase na colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a entidade local para acondicionar este tramo de vía, cun investimento autonómico de case 82.000 euros
A Xunta inicia o trámite da lei que estenderá a provisión por concurso de méritos ás prazas de difícil cobertura en atención primaria, hospitais comarcais e saúde mental
O texto do Anteproxecto de Lei publícase hoxe no portal de transparencia con carácter de urxencia para a presentación de suxestións nun prazo de 7 días hábiles
A Xunta organiza en Ribadavia unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre a produción vitívinicola
O curso impartirase do 16 ao 22 de agosto e terá unha duración de 20 horas de formación
A Xunta destinou máis de 4,2 M€ a impulsar en 2021 os produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe ata catro resolucións de axudas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dando conta dos beneficiarios das respectivas convocatorias do ano pasado