Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta mellora o edificio dos xulgados de Vilalba, que suma un investimento de case 160.000 euros desde 2013
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe o edificio, onde veñen de reformarse aseos cun orzamento de case 16.500 euros
A Xunta demanda a retirada do Real Decreto de aforro e eficiencia enerxética para consensuar medidas que teñan un impacto real para as familias e o tecido produtivo
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, trasladou esta mañá na Conferencia Sectorial de Enerxía a “máxima colaboración e implicación” de Galicia no desenvolvemento de actuacións que permitan baixar a factura da luz e contar así cun prezo eléctrico competitivo e estable
Rueda sinala que o Goberno galego impulsa este ano a maior campaña de verán da súa historia para fomentar a conciliación das familias
Destaca que a Galicia é a comunidade que “máis prazas oferta de toda España” con 10.800 prazas nesta campaña, “o que supón 2.000 máis que o ano pasado”
A Xunta terá no vindeiro ano unha nova unidade móbil de doazón de sangue na área sanitaria de Ourense
A Consellería de Sanidade vén de adxudicar o contrato desta nova unidade móbil, por un importe de 353.380 euros
A Xunta abre ao tráfico a Ponte Nafonso, que une Noia e de Outes, ao rematar as obras de mellora de seguridade e posta en valor, cun orzamento de máis de 700.000 €
A ponte xa loce desde hai dúas semanas a nova iluminación, que realza a monumentalidade da infraestrutura, seguindo o modelo usado na Ponte Sampaio, en Pontevedra
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de varios treitos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340
Entre os tramos que se transfiren atópanse algunhas das rúas principais da capitalidade do concello, como a rúa Ángel Urzáiz, Eduardo Iglesias ou un treito da avenida de Elduayen
O Museo Camilo José Cela amplía o seu horario ante o incremento do turismo cultural no Camiño Portugués
A recuperación no número de visitantes e a ampla demanda que está a suscitar a Ruta Xacobea propicia este incremento de horas para visitar o legado do Nobel
O audiovisual galego recibe 2,5 M€ en axudas da Xunta para producir 14 novos filmes e series
Publícase a adxudicación das subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais, as de maior dotación das convocadas en 2022 para este sector en Galicia