Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
As obras de ampliación da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo, fan necesario un corte de tráfico a partir do martes
O corte producirase no tramo da avenida da Deputación que discorre entre a glorieta da ITV e a rotonda da avenida Arsenio Iglesias
Un total de 48 novos científicos posdoutorais incorpóranse a o sistema de investigación galego grazas ao apoio da Xunta
A Vicepresidencia primeira e a Consellería de Educación veñen de resolver as axudas de apoio á formación inicial, a través das cales se formalizan os contratos de 40 posdoutorais nas universidades galegas e oito noutros organismos públicos do sistema de I+D+i galego
O prazo de solicitude das axudas para contratar a máis de 500 persoas desempregadas en entidades sen ánimo de lucro segue aberto ata o 22 de agosto
A Xunta destina 8,5 millóns de euros a esta iniciativa coa que prevé apoiar a unhas 150 organizacións
A Xunta solicita a desactivación da situación 2 no incendio forestal activo en Ponte Caldelas, parroquia de Xustáns
A situación operativa neste incendio -que rolda as 380 hectáreas provisionais- desactívase ao remitir o risco para núcleos de poboación
A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada AC-550 ao seu paso polo concello de Muros
Paralelamente, iniciaranse os traballos na PO-510, á altura do municipio de Salceda de Caselas
A Xunta concedeu xa máis do 66% das axudas previstas para o achatarramento de vehículos de transporte por estrada
A Consellería de Infraestrutura e Mobilidade recibiu, desde a apertura do prazo en abril e ata mediados de xullo, 526 solicitudes para o achatarramento de vehículos
O Parque Nacional das Illas Atlánticas e Meteogalicia amplían a súa colaboración para a observación e seguimento do medio natural
O arquipélago das Cíes conta desde inicios deste mes de agosto con tres novas cámaras de alta resolución