Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O presidente da Xunta subliña o papel da mocidade como a mellor embaixadora dos valores do Camiño e gaba o seu compromiso por mellorar a sociedade
Destaca que a estas alturas do ano se alcanzaron as 230.000 compostelas, que se entregan aos visitantes que a solicitan tras corroborar que teñen realizado alomenos 100 quilómetros dalgún tramo das rutas xacobeas
A Xunta pon en valor a excelencia do turismo galego no izamento da bandeira azul e o Q de Calidade turística no Club Náutico de Portosín
O número de establecementos e servizos turísticos galegos co distintivo Q incrementáronse un 40% en dez anos
A Xunta concede 1,55 M€ para rehabilitar máis de 40 vivendas de titularidade municipal
Desde 2017, ano da primeira convocatoria desta liña de subvencións, o Goberno galego leva concedidas 197 axudas por importe de 6,67 millóns de euros
Conde ve en ‘Ofeitoaman’ unha oportunidade para impulsar desde Sanxenxo a comercialización da marca artesanía de Galicia
A feira está organizada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta e do Concello de Sanxenxo, onde recala por primeira vez para converterse nun dos grandes atractivos turísticos deste municipio na tempada estival
A Xunta apoia o persoal investigador para optar ás axudas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación
As persoas interesadas en recibir o asesoramento que presta a Axencia Galega de Innovación, no marco do programa Oportunius, poderán solicitalo ata o 12 de agosto
A Xunta prevé un investimento de case 965.000 € na dixitalización da promoción da saúde, cunha plataforma de contidos que conxugará xogos, unha aplicación e vídeos
O proxecto, financiado con fondos europeos e propios, divídese en catro fases, que van do 2022 ao 2024; segue a liña doutras iniciativas como Xanela Aberta á familia e axudará a executar varias accións do ‘Plan de Obesidade Zero en Galicia’
A Xunta licita o proxecto para acondicionar o núcleo de Montesalgueiro, no Concello de Aranga
A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado hai máis de 10 anos para apoiar ás entidades locais en proxectos que permitan mellorar as condicións e a calidade de vida da veciñanza, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 M€
A Xunta fomenta a seguridade dos peregrinos no Camiño Francés cunha senda peonil no albergue do Pino
Turismo de Galicia destinará preto de 100.000 euros á construción desta infraestrutura que permitirá conectar a Ruta Xacobea con este establecemento