Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta declara o primeiro espazo agrario de experimentación na aldea modelo de Muimenta de Carballeda de Avia
Recollida na Lei de recuperación da terra, esta figura busca fomentar actividades agrarias innovadoras con técnicas de produción sustentables, que promovan a economía circular ou as cadeas curtas de comercialización
A Xunta impulsa a renovación de auditorios, bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais de 47 concellos cun investimento de 500.000 €
No seu conxunto promóvense obras de reforma, ampliación, mellora de accesibilidade e adquisición de materiais técnicos en centros das catro provincias
A Xunta avanza nos accesos ao novo CHUAC co inicio do proxecto de trazado
A administración autonómica pode avanzar no proxecto, unha vez que o Ministerio de Transportes emitiu o informe favorable á alternativa viaria recollida no plan de interese autonómico, que está agora mesmo en proceso de información pública
A Xunta conclúe os traballos de estabilización de Noiros de ata 18 metros de altura no Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra
Para poder construír o muro perimetral de contención contra o actual edificio foi necesario fixar placas metálicas nunha superficie de máis de 900 metros lineais
Galicia rexistra un total de 3.103 casos activos por coronavirus
Un total de 664.528 pacientes xa están curados
A Xunta impulsa a inclusión educativa e laboral da poboación xitana a través dun convenio de colaboración coa fundación Secretariado Xitano
Financiará con 66.000 € actuacións para previr o abandono escolar, fomentar os estudos superiores e favorecer a inclusión no mercado de traballo dos 13.000 xitanos galegos
A Xunta actualiza os niveis de alerta por episodio de calor para diversas zonas
O plan está operativo dende o 1 de xuño, e da súa coordinación encárganse, ademais da Consellería de Sanidade e do Sergas; a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; e as Consellerías de Política Social e Xuventude; e de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda