Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/08/22 | 18:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa no Courel a divulgación dos oficios artesanais e a marca Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe o evento Artesanía de Galicia no Courel, que se celebra en Folgoso ata o domingo 7 de agosto
 

05/08/22 | 18:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o compromiso social de ‘Equiocio’ durante a celebración do seu certame hípico

En concreto, fixo entrega do premio na categoría ‘Consellería de Política Social e Xu-ventude’ e visitou os postos de distintas entidades sociais no marco deste programa
 

05/08/22 | 18:15 | C. do Medio Rural

A Xunta solicita como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo en Boiro, parroquia de Cures

A situación operativa neste incendio -que rolda as 350 hectáreas provisionais- decrétase pola proximidade do lume ao núcleo de Piñeiro

05/08/22 | 16:42

A Xunta licita o contrato para instalar 34 bancos públicos en preto dunha trintena de aldeas do concello de Montederramo

A actuación enmárcase no plan Hurbe específico que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a desenvolver na Ribeira Sacra

05/08/22 | 16:08 | C. de Economía e Industria

Conde reivindica o traballo da fundación Eduardo Pondal no impulso ás vocacións científicas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a sede da Fundación no Couto (Ponteceso), onde coñeceu a unha das alumnas das Aulas Científicas Isidro Parga Pondal que representará a España no Stockholm Junior Water Prize, coñecido como o Nobel Júnior da Auga

05/08/22 | 16:04

Trenor clausura o obradoiro “Arteixo pola capacitación xuvenil 21-22” que ofreceu formación a 16 persoas sen emprego en revestimentos de construción

O delegado da Xunta informou que na comarca da Coruña o Goberno galego financiará 9 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 4,5 millóns de euros
 

05/08/22 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias lamenta que as obras do Halo retrasen aínda máis a apertura da estación de autobuses intermodal de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que na comisión de seguimento se constatou que estas actuacións sobre os viais recentemente asfaltados interfiren nos accesos á terminal, o que fai inviable a súa apertura como mínimo ata novembro
 

05/08/22 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o rural galego a través do campamento ‘Aldea Perdida’ da Granxa Zoo de Grixalba

Neste programa impulsado polo Goberno galego, mozos e mozas de entre 9 e 12 anos desfrutan de actividades ao aire libre nun complexo turístico completamente equipado
 

05/08/22 | 15:49 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa na posta en valor da madeira para a mitigación acústica

Jacobo Aboal manifestou o interese de innovar e desenvolver novos produtos como as aplicacións da madeira para esta finalidade
 

05/08/22 | 15:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda gaba o compromiso de Urovesa coa Formación Profesional orientada ao emprego cualificado e de calidade

Garante a plena colaboración da Xunta ao proxecto de Formación, Emprego e I+D+I desta empresa de vehículos especiais co que pretende contratar a máis dun cento de persoas na área de mecánica, electricidade e pintura do automóbil