Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/08/22 | 15:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo o novo acceso provisional a Folgoso do Courel, no que investiu 1 M€, e avanza que en setembro decidirá a solución definitiva para a reconstrución da LU-651

Vázquez Mourelle subliña a axilidade da Xunta na execución do acceso, iniciado o 24 de maio e rematado en só dous meses, pese ás dificultades do terreo e aumentando o orzamento inicial en máis de 117.000€
 

05/08/22 | 15:13

A Xunta promove en ‘Equiocio‘ o consumo de produtos do mar coa campaña ‘Galicia sabe amar’

Rosa Quintana, destacou hoxe o potencial e a oportunidade de citas como este evento ecuestre para difundir a calidade dos peixes e mariscos de Galicia
 

05/08/22 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O embaixador da lingua galega en Xapón, Takekazu Asaka, presenta tres obras clásicas da nosa literatura en xaponés-galego co apoio da Xunta

Como lingüista, investigador e ensaísta apaixonado por Galicia elaborou a versión bilingüe en xaponés e galego de ‘A rosa de cen follas’ e ‘As Romaxes da Franqueira’, ambas de Ramón Cabanillas, e unha Introdución ás ‘Cantigas de Santa María’ de Afonso X
 

05/08/22 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá preto de 733.000 euros na restauración da igrexa de Santo Domingo de Ribadavia

Gabriel Alén subliñou a importancia destas obras de restauración pola súa significación na comarca do Ribeiro e porque é considerada unha das mellores mostras do Gótico mendicante galego

05/08/22 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Marín o papel do comercio de proximidade na dinamización das vilas e cidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a feira Stock Marín, organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín co apoio da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

05/08/22 | 14:12

A Xunta aproba o Plan Básico Municipal de Trabada, o primeiro concello galego que conta con esta ferramenta urbanística

A tramitación dos primeiros Plans Básicos Municipais enmárcase no esforzo da Xunta para acadar o obxectivo de que Galicia avance cara a un urbanismo sostible e responsable e na protección da súa paisaxe

05/08/22 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López supervisa o resultado da segunda fase das obras de mellora da estrada PO-190 en Valga, nas que a Xunta investiu máis de 530.000 €

As obras desenvolvéronse entre os puntos quilométricos 0+420 e 1+290 da estrada autonómica e consistiron na renovación das beirarrúas e do pavimento, así como na dotación de servizos urbanos

05/08/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita a montaxe da Copa do Mundo de Dirt Jump-Xacobeo no marco de O Marisquiño

A achega do Goberno galego ao festival de deporte urbano alcanza este ano os 300.000 euros, o que supón un incremento do 50% respecto ao 2021

05/08/22 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas a entidades sociais á que se destinan 7,2 M€

Esta convocatoria incrementa ata un 40 % as achegas para o funcionamento de comedores sociais, albergues e centros de acollida