Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Conde destaca o apoio que presta o programa Galicia Exporta Dixital ás pemes galegas á hora de captar novos clientes a nivel internacional
Grazas a esta liña de axudas da Xunta de Galicia, Raz SurfCamp puido reforzar o seu posicionamento web para chegar a outros paises
O conselleiro de Sanidade salienta o perfil profesional da nova xerente do Sergas e a considera a persoa idónea para profundizar nas reformas sanitarias xa en marcha
Do xerente saínte, o titular da carteira sanitaria destacou a súa templanza e prudencia á hora de afrontar os picos da pandemia da covid, e o seu liderado para concebir o Sergas como un hospital único, que compartiu os seus recursos para garantir a asistencia a toda a cidadanía
A Xunta retirou máis de 2.200 niños de avespa velutina no primeiro semestre do ano no marco do plan centralizado cos concellos
O vicepresidente segundo visitou as instalación de Seaga en Bergondo para coñecer o funcionamento do Plan de control de velutinas ao que están adheridos 306 concellos galegos
A Xunta promove 24 actuacións artísticas ata final de ano na Mariña a través da rede galega de teatros e auditorios
A Banda da Loba abrirá mañá o cartel de Burela, municipio que xunto a Foz, Ribadeo e Viveiro forma parte dende a comarca mariñá deste circuíto de exhibición de espectáculos cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as entidades locais asociadas
A xunta destina este ano preto de 2,5 M€ a 60 proxectos de investimento en actividades non agrícolas
O DOG publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural sobre esta convocatoria, orientada á posta en marcha de actividades empresariais en aldeas modelo e á ampliación e modernización de empresas con maquinaria e equipamento
Galicia rexistra un total de 3.166 casos activos por coronavirus
Un total de 664.288 pacientes xa están curados
As escolas de arte e superiores de deseño da Coruña e de Lugo, as primeiras en incorporarse ao modelo plurilingüe da Xunta
Coa implantación do PluriArt nestas ensinanzas de réxime especial, dáse cumprimento a un dos obxectivos da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030
A Xunta activa como medida preventiva a situación 2 nun incendio forestal activo en Caldas de Reis, parroquia de Saiar
A situación operativa neste incendio decrétase pola proximidade do lume ao núcleo da Porteliña
As axudas autonómicas do programa Emega de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino poden solicitarse ata o próximo 12 de agosto
O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade conta nesta edición con case 4,4 millóns de euros, o maior orzamento da súa historia co que a Xunta prevé conceder unhas 275 axudas, un 18% máis que na anterior convocatoria