Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/08/22 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o valor da mostra Alfaroleiros como escaparate da gran tradición oleira da península

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración da XXVIII edición da feira, que se celebra ata o domingo 7 de agosto en Oleiros

03/08/22 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego e Ainé inician os ensaios da súa produción ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ sobre o mundo do fútbol

Baixo a dirección de Tito Asorey, os actores Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta daranlle vida aos personaxes desta proposta lúdica, crítica e musical sobre a cara oculta do deporte
 

03/08/22 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá máis de 1,5 M€ na rehabilitación integral do instituto Francisco Daviña Rey, en Monforte

A previsión é que as obras, que teñen un prazo de execución de cinco meses, comecen en novembro
 

03/08/22 | 14:32

A Xunta e o Concello de Friol invisten máis de 800.000 euros na mellora da contorna do club fluvial

O Goberno galego financiou o 70% da actuación e o concello aportou o 30% restante no marco do convenio asinado ao abeiro do plan Hurbe
 

03/08/22 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera o seu compromiso a prol do sector do viño no marco da Festa do Albariño de Cambados

José González puxo en valor as diferentes iniciativas impulsadas polo Goberno galego para apoiar este eido produtivo
 

03/08/22 | 14:08 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia é a primeira comunidade na que o parlamento autoriza o teito de gasto para 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe na Cámara galega o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano que ascende a 12.599 millóns de euros
 

03/08/22 | 13:48 | Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial da Xunta presenta o 1º concerto 'Xacobeo en Cámara'

Gabriel Alén explicou que o Xacobeo en cámara é unha proposta que xungue modernidade e tradición por medio da realización de concertos en lugares que, de seu, manifestan un enorme interese como destino turístico diferente, único e especial

03/08/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Compromiso na distancia’, a mostra que percorre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, recala en Vigo

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inauguraron hoxe a exposición que permanecerá aberta ao público ata finais do mes de agosto na sede autonómica na cidade

03/08/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza a campaña ‘A artesanía di moito de ti’ para incrementar o número de tendas que comercializan os produtos dos mellores artesáns galegos

O Mercado Galego da Creatividade, promovido pola cooperativa Creativas Galegas, vende os produtos de 17 obradoiros galegos ao ser un dos 26 establecementos adheridos á marca Artesanía de Galicia