Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/08/22 | 13:57

A Xunta entrega os diplomas aos mozos que se formaron en novas tecnoloxías no obradoiro de emprego de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego vén de aprobar unha partida de 525.000 euros para financiar un taller dual na cidade que terá un ano de du-ración e está a piques de iniciar a selección de participantes

02/08/22 | 13:46 | C. de Sanidade

A Xunta eleva as súas axudas para programas de prevención das adiccións un 8%, ata os 4,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para programas promovidos por entidades sociais, dotada con máis de dous millóns de euros
 

02/08/22 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a nova dirección de Culturgal na reformulación do modelo de feira

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reúnese co presidente da asociación Culturgal, Víctor López, e coa nova directora do evento, Eva Alonso, para abordar as principais liñas de traballo cara á 15ª edición que se celebrará do 25 ao 27 de novembro

02/08/22 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contrata o anteproxecto do novo instituto de Navia, único paso que se pode avanzar mentres o Concello de Vigo non asine o convenio para a cesión dos terreos

Fernández-Tapias reitera ao alcalde por carta que axilice a formalización do convenio porque de non facelo sería inviable a licitación do proxecto de construción e suporía a perda da dotación económica prevista nos Orzamentos a Xunta deste ano
 

02/08/22 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta creará oficinas específicas para atender os afectados polos incendios forestais do mes de xullo

Terán como obxectivo prestar asesoramento á hora de solicitar as axudas convocadas para reparar os danos causados polos lumes

02/08/22 | 13:16 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra aos afectados polos incendios de xullo que xa poden solicitar as axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras

No encontro desta mañá cos rexedores de Oímbra, Verín, Vilardevós e Monterrei, o titular de Medio Rural lembrou os 4 millóns de euros en achegas convocados polo seu departamento o pasado venres
 

02/08/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 2 ofertas para as obras de mellora na estrada autonómica PO-315 en Cangas, cun investimento de máis de 265.000 €

A intervención realizarase entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380, e na entorna do 13+500, para reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios
 

02/08/22 | 12:34 | C. de Sanidade

A Xunta converterá a estación de autobuses do Carballiño nun novo centro de saúde que duplicará a superficie do actual

Os conselleiros de Sanidade e de Infraestructuras e Mobilidade, asinaron hoxe co alcalde do municipio un protocolo que inicia os trámites para o cambio de uso desta parcela, que o municipio transmitirá á Xunta libre de cargas