Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/08/22 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sufraga con 30.000€ obras de mellora na escola infantil de Coristanco

Entre outras actuacións, aumentaranse as condicións de impermeabilización do edificio e instalarase na entrada posterior unha pérgola para protexer da chuvia tanto aos pequenos como aos seus familiares cando acceden ao centro

03/08/22 | 13:12 | C. de Sanidade

A Xunta adquire un novo mamógrafo para o Hospital Abente y Lago por un importe de 196.000 euros

O investimento forma parte dun contrato para renovar catro mamógrafos en toda Galicia, por preto de 800.000 euros

03/08/22 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 3 M€ a 224 entidades beneficiarias do Plan Específico de acción comunitaria para a mellora dos seus locais, traídas de auga e adquisición de equipamento

O Goberno galego vén de notificarlles ás entidades beneficiarias a resolución das axudas destinadas a asociacións veciñais, comunidades de usuarios de auga e organizacións de mulleres rurais

03/08/22 | 12:19 | C. do Medio Rural

A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Fisteus, no concello coruñés de Curtis, tras investir máis de 4,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o anuncio pertinente da Consellería do Medio Rural, sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 3.503 hectáreas

03/08/22 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas do Carme de Lorbé, no concello de Oleiros, para facilitar os desprazamentos

Haberá un servizo desde Lorbé ata Entrexardíns, con saída de Bar Escola ás 3:30 horas da madrugada

03/08/22 | 12:09

A Xunta continúa a aposta polas entidades de economía social coa oferta dun curso en liña para formar en ferramentas dixitais

A Rede Eusumo organiza unha formación de 40 horas para informar sobre as principais ferramentas que facilitan a xestión, o traballo colaborativo e a organización destas entidades
 

03/08/22 | 11:56 | C. do Medio Rural

A UIFO localiza novos indicios de intencionalidade na mesma zona do achado dun artefacto incendiario nun distrito forestal de Vigo-Baixo Miño

O descubrimento amosa claros sinais do mesmo modus operandi que o rexistrado con anterioridade na mesma área

03/08/22 | 11:44 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.131 casos activos por coronavirus

Un total de 663.901 pacientes xa están curados
 

03/08/22 | 11:39 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as carpintarías nos procesos de transformación e xeración dos produtos forestais

Jacobo Aboal salientou o apoio da Consellería do Medio Rural a empresas que están a traballar na mellora dos seus procesos produtivos