Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta constitúe unha comisión interdisciplinar para deseñar un plan de recuperación integral do Courel
Estará integrada por diversos expertos en varias materias co obxectivo de que as medidas e accións que se acometan sexan froito dunha visión e perspectivas globais
A Xunta estende a prealerta por escaseza de agua á bacía do río Anllóns e intensifica o seguimento dos encoros de Baiona e Zamáns
Mantense a situación de seca prolongada no conxunto da Demarcación Galicia-Costa, onde caudais circulantes en xullo se situaron un 34,4% por debaixo da media dos últimos dez anos nesta época do ano
Fernández-Tapias anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas nos centros educativos
A delegada territorial da Xunta informou hoxe nunha visita ao CEE Saladino Cortizo da licitación dun paquete de obras encamiñadas á redución do consumo
Trenor e o alcalde de Boqueixón ultiman os detalles da nova parcelaria en Lamas, Loureda, Sergude e Vigo que reorganizará 10.450 parcelas
Esta reestruturación ten un ámbito de actuación de 1.961 hectáreas que son propiedade de case 1.195 veciños
A Xunta pon en marcha a plataforma de mobilidade 4.0 para avanzar cara a un modelo de transporte dixital e sustentable
Explica que a ferramenta suporá vantaxes como a incorporación dunha app móbil para que o ususario dispoña da oferta de transporte público; e a implantación dun novo sistema de pago en conta que permitirá ao viaxeiro pagar co móbil
Trenor clausura o obradoiro de Emprego de Boqueixón, Vedra e Teo e destaca que seus alumnos están formados en áreas con alta demanda laboral
O delegado da Xunta informou que na área de Santiago o Goberno galego financiará 8 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 4M€
A Xunta destaca o valor de Buño como centro oleiro de tradición e o papel da artesanía como parte do atractivo turístico de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na inauguración da 38 Mostra da Olería de Buño, unha das feiras monográficas con maior traxectoria en Galicia
Axudas da Xunta de ata 10.600 € para as persoas autónomas que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade ou cambiar o sector do seu negocio
O Consello da Xunta aprobou hoxe as bases da convocatoria do bono Nova oportunidade, que estará dotado de 5 millóns de euros