Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez salienta que o novo Festival de Teatro FestiValle marcou un precedente de proxección e organización con máis de 2.000 persoas
“Volveuse reflectir o aprecio que o público de todas as idades sente pola figura do autor e por iso é momento de que entre todos nos aseguremos de que este certame se converta nunha cita de referencia en Galicia e fóra dela”, afirma
A Xunta comeza as obras de mellora do sistema de saneamento de Celeiro, no concello de Viveiro, que suporán un investimento de máis de 3,8 M€
Unha vez instaladas as casetas, agora estase a facer acopio da tubaxe para a nova condución de vertido, así como dos lastres, que se están a fabricar in situ
Festaclown leva a Vilagarcía de Arousa unha vintena de espectáculos co apoio da Xunta a través das axudas a festivais de artes escénicas
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación do evento, que ofrecerá un amplo programa de clown, acrobacias, música, narración e humor entre os días 17 e 21 de agosto
A Xunta recibe 6 ofertas para executar as obras das sendas de Montecelo e Bormoio, en Coristanco, cun investimento de 777.000€
As obras iniciaranse no último trimestre do ano e estarán rematadas no verán do 2023
A Xunta inicia en Baroña os traballos de recuperación dos petróglifos da Gurita e do Outeiro da Pedra Bicuda
A actuación, que a Consellería de Cultura financia con 18.000 €, abrangue a limpeza, documentación e consolidación dos gravados rupestres dunha das estacións arqueolóxicas de maior complexidade da península do Barbanza
Galicia rexistra un total de 3.121 casos activos por coronavirus
Un total de 664.132 pacientes xa están curados
O Sergas designa a José Flores como novo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Flores, que se formou como residente nesta área e exerceu na base medicalizada do 061 de Pontevedra e nas urxencias dos hospitais de Montecelo e do Salnés, cesará hoxe como xerente do Servizo Galego de Saúde