Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa campamentos tecnolóxicos e musicais no albergue LUG II, nos que participan 160 mozos e mozas de toda Galicia
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou aos 30 rapaces de 14 a 17 anos que asisten desde o pasado luns a esta actividade de O Verán que queres contar que combina as máis novidosas aplicacións como impresión en 3D ou ‘Design thinking’ con prácticas deportivas
A Xunta impulsa en Tui a segunda edición do foro ‘Resonancias’ dentro do festival ‘Música no claustro’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participa hoxe no II Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias 22, xunto con músicos, luthieres, investigadores, conservadores e expertos nos instrumentos musicais
Rueda pon en valor o paquete de medidas da Xunta destinadas a axudar as familias en colaboración coas entidades sociais e locais de Galicia
Contará cun investimento de preto de 33 M€ e nelas inclúese a orde de axudas a entidades con cargo ao 0,7% do IRPF, á que este ano se destinarán 19,1M€
Arias aborda coas asociacións do Camiño de Santiago novas actuacións de seguridade nas rutas xacobeas da provincia
O delegado territorial reuniuse hoxe con representantes das asociacións das rutas xacobeas para analizar e estudar os puntos perigosos de confluencia coas estradas autonómicas e avanzar nun camiño seguro e con garantías para os peregrinos
O deporte galego sobe o seu nivel co incremento de prazas de tecnificación do CGTD que chegará ás 105 no curso 2022/2023, o 65% do total
O total de atletas que acollerá o CGTD o vindeiro curso académico mantense en 160, reservando o 5% tanto no grupo de rendemento como de tecnificación para deportistas con discapacidade, e un 10% para situacións de urxencia
Gabriel Alén subliña e agradece o traballo dos voluntarios europeos que participan no programa ‘XacobeAndo’
O delegado territorial deulle a benvida aos participantes e agradeceulle a súa vitalidade e gañas de axudar a mellorar o mundo
A Xunta aposta pola divulgación da cultura e a recuperación do patrimonio galego co campo de voluntariado 'Tradición en verde' de Lalín
O grupo de voluntarios que se dan cita nesta proposta realizan actividades para recuperar e promover diversos elementos arqueolóxicos, ambientais e etnográficos do municipio lalinense
Trenor visita o campo de voluntariado da Laracha no que se está poñendo en valor o Castro de Montesclaros
O delegado da Xunta visitou aos participantes nesta actividade organizada pola Consellería de Política Social e Xuventude, para rapaces entre 18 e 30 anos