Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/07/22 | 12:35

A Xunta avanza nos proxectos de ampliación de 4 parques empresariais da provincia de Lugo

Adxudica os proxectos de urbanización das ampliacións das áreas industriais da Pontenova e Meira, e licita os do Corgo e Palas de Rei

30/07/22 | 11:49

A Xunta adxudica máis de 9.000 metros cadrados de solo nos parques empresariais de Silleda e Lalín

A bonificación do prezo de venda, do 30 por cento, supón o aforro de 241.155 euros por parte das empresas que adquiren o solo
 

30/07/22 | 11:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.478 casos activos por coronavirus

Un total de 661.749 pacientes xa están curados

30/07/22 | 11:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Mar de Galicia estrea unha nova área de exposición permanente que percorre as peregrinacións marítimas e o fenómeno Xacobeo

Inclúe desde ánforas e aras da antigüidade prerrománica ata obxectos medievais e conxuntos barrocos, así como pezas procedentes de campañas arqueolóxicas

30/07/22 | 11:09 | C. do Medio Rural

A Xunta solicita a declaración como medida preventiva da situación 2 nun incendio forestal activo en Arbo, parroquia de Mourentán

A situación operativa neste incendio -que rolda as 11 hectáreas provisionais- decrétase pola proximidade do lume ao núcleo das Searas

30/07/22 | 11:04

O Parque Nacional das Illas Atlánticas remata os trámites para a renovación da Carta Europea de Turismo Sostible

Trátase dun distintivo de promoción e conservación que ten como obxectivo global promover o desenvolvemento do turismo en clave de sustentabilidade nos espazos naturais protexidos de Europa

30/07/22 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta consolida os convenios coas asociacións de criadores das razas autóctonas galegas para apoiar as súas actividades de recuperación, conservación e fomento

O conselleiro do Medio Rural e os representantes das asociacións de criadores das razas autóctonas galegas asinaron esta semana as addendas a estes convenios, para facilitar que os gastos do último trimestre de 2022 resulten elixibles
 

30/07/22 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O grupo ‘Treixadura’ actuará o 23 de outubro no ‘Día do Veciño’ de Lugo co patrocinio da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, presentou a actividade acompañado do membro da agrupación Álvaro Lamas e do presidente da federación Lucus Augusti, Jesús Vázquez