Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/07/22 | 11:18

A Xunta actualizará o censo de aves acuáticas invernantes en Galicia para coñecer o estado de conservación destas especies e dos seus hábitats

Este reconto farase no mes de xaneiro, que é cando se rexistran menos movementos entre as distintas localidades
 

31/07/22 | 10:00 | C. de Sanidade

A Xunta adquire dous novos mamógrafos para o Hospital do Meixoeiro por case 400.000 euros

O investimento forma parte dun contrato para renovar catro mamógrafos en toda Galicia, por preto de 800.000 euros
 

31/07/22 | 09:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por altas temperaturas nas provincias de Ourense e Pontevedra

O episodio comezará previsiblemente ás 13,00 horas nas zonas do Miño de Ourense e de Pontevedra, así como na das Rías Baixas desta provincia

31/07/22 | 09:20 | C. do Medio Rural

A Xunta declara como medida preventiva a situación 2 nun incendio forestal activo na Cañiza, parroquia de Oroso

A situación operativa neste incendio decrétase pola proximidade do lume ao polígono industrial deste municipio

30/07/22 | 17:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota de iluminación a Ponte Nafonso, que une os concellos de Noia e de Outes, contribuíndo á súa posta en valor e ao reforzo da seguridade de vehículos e de peóns

A iluminación escollida realza a monumentalidade da infraestrutura, seguindo o modelo usado na Ponte Sampaio, en Pontevedra
 

30/07/22 | 15:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta concede axudas a 30 empresas e autónomos de zonas illadas do rural para conexión a redes de máis de 100 megas

A Administración autonómica subvenciona ata o 100% dos custos para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
 

30/07/22 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,5 M€ o desenvolvemento dun sistema avanzado de xestión da auga para aumentar a resiliencia ante o cambio climático

O obxectivo desta iniciativa enmarcada no proxecto Innovaugas 4.0 é anticipar e adaptar a xestión dos recursos hídricos aos eventos de inundación e de seca