Rueda pon en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións

 O Carballiño (Ourense), 30 de xullo de 2022 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións.

 

O titular do Goberno galego participou no Carballiño na sexta edición da Romaría Abanca Internacional, que a entidade financeira dedica aos clientes non residentes. Alfonso Rueda agradeceu a Abanca o seu compromiso con Galicia e puxo como exemplo a traxectoria dos seus representantes e dos seus clientes como modelo de emprendemento. “Galicia non sería o que é sen os galegos que emigraron sen esquecer nunca as súas raíces, pero tampouco sen o potencial que supón o talento exterior que apostou pola nosa Comunidade”, dixo o presidente da Xunta.

 

Rueda compartiu mesa cos directivos de Abanca, entre os que se encontraba o seu presidente, Juan Carlos Escotet, e o seu conselleiro delegado, Francisco Botas. Nun acto ao que asistiu tamén o director xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o presidente da Xunta invitou aos presentes a seguir apostando polo futuro da Comunidade independentemente da orixe da cada quen, “porque sabemos por experiencia e por tradición que Galicia vai máis alá das fronteiras que a delimitan nos mapas” e porque “os galegos non pedimos carné, só o pasaporte de cidadáns do mundo que recoñecen as potencialidades de Galicia”.

 

Imaxes relacionadas