Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/07/22 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o Festival Sinsal 2022 na illa de San Simón a través da marca Fest Galicia e das subvencións a eventos musicais profesionais

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitaron a montaxe dos escenarios
 

21/07/22 | 15:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa o encontro ‘FERVE’, centrado na gastronomía e na cervexa, entre o 16 e o 18 de setembro en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo concelleiro concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, e representantes da empresa organizadora, Esmerarte, presentan a primeira edición desta iniciativa, que mistura cociña, música e deseño cun novidoso formato

21/07/22 | 15:02

Fernández-Tapias destaca a repoboación forestal dos montes de Vigo e as oportunidades laborais xeradas a través dos obradoiros de emprego

A delegada territorial da Xunta en Vigo clausurou este xoves o obradoiro forestal organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo e financiado polo Executivo autonómico con máis de 208.000 euros

21/07/22 | 15:02 | A Presidencia da Xunta

A Xunta salienta a importancia da gastronomía dentro da oferta turística galega

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na presentación do cartel da “Festa do Pulpo” do Carballiño que este ano está dedicada ao Xacobeo 2021-2022
 

21/07/22 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta organiza visitas guiadas á intervención arqueolóxica do xacemento de Adro Vello

O Goberno autonómico programa actividades mañá e o día 29 para coñecer os traballos de conservación e posta en valor que se están levando a cabo
 

21/07/22 | 14:42

A Xunta clausura un obradoiro dual de emprego en Oleiros no que 20 persoas deseñaron mobiliario urbano e contribuíron a rexenerar zonas verdes do concello

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, anunciou a próxima resolución da convocatoria destas accións para 2022-2023 coas que a Xunta aspira a formar a 1.600 persoas sen emprego en Galicia
 

21/07/22 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a entrega do buque de Nodosa a Canlemar é un exemplo da capacidade de colaboración do naval galego

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Marín á entrega do barco Omvac XIV

21/07/22 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O festival ‘Nachiños Fest’ incorpórase á programación de concertos do Xacobeo 21-22 en Ferrolterra

“É un festival que introduce unha nova oferta musical na temporada de verán en Ferrolterra, a música indie, e que tan ben ten combinado con elementos tan identificadores da nosa comarca como son o surf e a natureza”, indica