Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/07/22 | 14:47

A Xunta investirá máis de 250.000 euros en distintas melloras nas dársenas de Cambados

Susana Lenguas explicou á confraría local que a Consellería do Mar destinará arredor de 180.000 euros á renovación do pavimento dos pantaláns dos peiraos cambadeses con madeira sintética para mellorar a seguridade e a actividade nestas instalacións

20/07/22 | 14:40 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a contorna máis solidaria do Camiño na presentación do cupón da ONCE do 25 de xullo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou neste acto no que se deu a coñecer a imaxe dos billetes deste sorteo que lembran a celebración do Xacobeo 2021-2022

20/07/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recorda a Luz Pozo Garza no día no que cumpriría cen anos cun concerto no Gaiás que pon música ao seu poemario ‘Sol de Medianoche’

As 12 pezas do programa serán interpretadas mañá ás 19,00 horas no auditorio do Edificio Fontán pola mezzosoprano Joana Thomé e o Quinteto de Cordas Schubert, con entrada de balde

20/07/22 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras destinadas a reducir o risco de inundación dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar cun investimento de 2,6M€

As bacías destes ríos forman parte dunha área de risco potencial de inundación, un perigo ao que a Xunta contribuirá a minorar para colaborar co Concello
 

20/07/22 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a colaboración coas federacións de asociacións de veciños para apoiar as súas actuacións en favor da mellora da vida local

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou hoxe o convenio coa Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) e cinco das súas federacións cunha achega de case 65.000 euros

20/07/22 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa a modernización e dotación de eficiencia enerxética e a reforma dos aseos do CEIP Viñas de Poio cun investimento de 389.000€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, Luciano Sobral, informa do próximo comezo das obras de substitución de todas as carpintarías exteriores nunha visita ao colexio público

20/07/22 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a Ruta Xacobea co campo de voluntariado ‘Xuventude é Camiño’ en Baleira

Os voluntarios e voluntarias acondicionan tramos do traxecto e desenvolven actividades dinamizadoras para os peregrinos que rematan a súa etapa nesta zona

20/07/22 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo de Emaús e Provivienda na loita contra a soidade non desexada

O programa desenvolverase como piloto en Vigo e Ribadavia, e buscará fomentar espazos de encontro e convivencia entre as persoas que se atopan nesta situación

20/07/22 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 21 quilos de percebe nun dispositivo en Ribeira

Foron identificadas dúas persoas contra as que se levantaron dúas actas de infracción e a mercadoría intervida destinouse a un centro benéfico da localidade