Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/07/22 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta clausura o obradoiro de emprego compartido por Vilalba e Abadín coa entrega dos diplomas aos 20 participantes

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que se destinaron 369.500 euros ao proxecto, incluíndo os incentivos para a contratación de 15 alumnos durante un mínimo de tres meses en empresas locais

21/07/22 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor clausura o obradoiro de Arteixo e anima ao seu alumnado a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego

O delegado da Xunta clausurou este programa de emprego que se centrou en Limpeza en Espazos Abertos e Instalacións Industriais
 

21/07/22 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta programa este verán 300 actividades familiares, xuvenís e infantís co novo fondo de proxectos culturais ‘Tece Redes en galego’

A iniciativa conta cun orzamento de preto dun millón de euros para accións de ata 150 entidades en diferentes localizacións

21/07/22 | 12:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Noroeste Estrela Galicia únese á programación do Xacobeo con 17 artistas que encherán de música, con denominación galega, os dez escenarios do festival

A Xunta apoiará tamén o concerto da andaluza Zahara, na praia de Riazor, un dos pratos fortes desta edición

21/07/22 | 12:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o compromiso de Galicia coa economía circular materializado nunha nova liña de apoios que impulsará proxectos neste eido

Pon en valor a importancia do programa para promover modelos de negocio circulares mediante a optimización de recursos, a redución no consumo de materias primas e o aproveitamento dos residuos
 

21/07/22 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a mellora do firme na autoestrada do Val Miñor e no tramo A Coruña–Carballo da AG-55, que suporá un investimento de 1,55 M€

Na AG-57 procederase á eliminación do chanzo lateral, executando un recrecido nas beiravías, de xeito que se iguale en altura todo o ancho, mellorando a seguridade
 

21/07/22 | 10:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anuncia a rehabilitación integral do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, en Dodro, cun investimento de máis de 1,4 M€

O delegado da Xunta reuniuse, esta mañá, coa directora para anunciar que o centro será obxecto dunha ambiciosa actuación que suporá unha renovación integral do edificio

21/07/22 | 10:49 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.143 casos activos por coronavirus

Un total de 655.168 pacientes xa están curados

21/07/22 | 10:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada o seu apoio a Cosméticos Anfer para que poida recuperar a actividade o antes posible tras o incendio das súas instalacións en Bergondo

O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo un encontro cos responsables da empresa para poñer á súa disposición as liñas de axuda ás que se poidan acoller

21/07/22 | 10:06

A Xunta convoca axudas por 8,5 M€ para que entidades sen ánimo de lucro contraten a máis de 500 persoas en situación de desemprego

A orde de convocatoria da liña de apoios, coa que se pretende beneficiar a unhas 150 organizacións, sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia