Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza un dispositivo extraordinario de Protección Civil ante a vaga de lumes para garantir a atención e o apoio necesario ás persoas afectadas
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, reuniuse hoxe con alcaldes de concellos das provincias de Lugo e Ourense nos que se rexistraron os lumes para informarlles deste operativo posto en marcha por primeira vez ante a situación actual dos incendios na comunidade
A Xunta construirá unha senda peonil na estrada autonómica OU-150 nas Barxas, no concello de Coles
O contrato de obras foi adxudicado por máis de 48.000 euros, prevéndose o inicio dos traballos nas vindeiras semanas
O primeiro ano da Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 300 millóns de euros na transformación dixital da comunidade
Cómpre destacar que deste orzamento total preto de 113 millóns de euros corresponden a capital privado
A Xunta amplía en 400.000€ o crédito das axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos, mobilizando un total de 900.000€
Amplíase a convocatoria publicada en decembro de 2021 á que se presentaron 192 solicitudes, que esgotou o crédito de 500.000€ e permitiu a concesión de 93 axudas
A Xunta leva a Xunqueira de Ambía un novo campamento con actividades musicais e de ocio
Os 20 nenos e nenas, de entre 9 e 12 anos, que se dan cita nesta proposta coñecen distintos instrumentos de corda fretada ao tempo que desfrutan dunha ampla progra-mación de lecer
Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornados a través do programa Merlo
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización
Rueda apunta como prioridade absoluta na loita contra os incendios protexer as persoas, tanto veciños como profesionais de extinción
O titular do Goberno galego chama á “prudencia” e anuncia que equipos de Protección Civil facilitarán aos evacuados volver ás súas casas en canto sexa posible
Fernández-Tapias resalta o labor e a constancia de APAMP durante 45 anos para “crear unha sociedade mellor e máis digna”
A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este martes nos actos de conmemoración da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral
A Xunta pon a disposición das persoas maiores e con patoloxías crónicas desaloxadas pola vaga de lumes máis de 50 prazas en residencias
Ofrécese aloxamento en nove centros residenciais para atender de forma inmediata ás persoas máis vulnerables que precisan de coidados
A Xunta reforzará a formación dos empregados públicos sobre xestión de fondos europeos e protección de datos persoais
A Escola Galega de Administración Pública informou ao seu Consello Reitor da convocatoria durante o primeiro semestre de 756 actividades formativas e 39.600 prazas, dirixidas principalmente ao persoal das administracións galegas