Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Sergas achega un total de 75.000 euros para o desenvolvemento do programa de Atención Integral ao Médico Enfermo
A tal efecto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente do Consello Oficial de Colexios Médicos de Galicia, Isidro José Lago Barreiro, asinaron un convenio de colaboración
A Xunta salienta que a Oficina de rehabilitación de vivenda recibiu case 6.000 consultas desde a súa posta en marcha o pasado mes de marzo
Ángeles Vázquez subliña que os 14 encontros #ConstruíndoFogar da Xunta achegaron información sobre os programas de axudas en materia de vivenda a case 1.700 persoas
Martina Aneiros destaca as posibilidades de ocio activo vinculado ao mar que ofrece o minicampamento ‘Valdoviño Mariño II’
Unha vintena de nenos de entre 10 e 14 anos participan na segunda quenda desta proposta que ofrece unha opción de ocio activo vinculado ao desfrute do medio mariño, á vez que dinamiza o sector hostaleiro
Trenor clausura o obradoiro de Betanzos e anima ao seu alumnado a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego
O delegado da Xunta destacou que na área da Coruña se impartiron 11 obradoiros nos que se cualificou a 212 desempregados en ámbitos con gran demanda de emprego
Galicia rexistra un total de 8.981 casos activos por coronavirus
Un total de 653.144 pacientes xa están curados
A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ a mellora do firme na estrada PO-548 ao seu paso polos concellos de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilagarcía de Arousa
Os traballos comezarán a finais de agosto e terán un prazo de execución de 6 meses
A Xunta destaca que o novo modelo industrial ao que aspira Galicia ten como fonte de inspiración o coñecemento, a innovación, a sostibilidade e o talento
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela no I Foro de Sostibilidade organizado por APD
Galicia esixe ao Goberno de España a adopción de medidas urxentes para resolver o desabastecemento de especialistas de medicina de familia
O conselleiro de Sanidade lanzou novamente unha mensaxe de emerxencia ao Ministerio de Sanidade, remarcando que “a falla de médicos é o problema máis urxente” que ten neste intres a sanidade española