Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

08/07/22 | 11:33 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Rueda invita os galegos do exterior a facer o camiño de volta cos programas da Xunta para o retorno, nos que Galicia é pioneira

Reafirma o compromiso do Goberno galego coa colectividade, con axudas aos emigrantes que viven fóra e con incentivos aos que retornan. “É un dereito dos galego e un tributo á nosa terra”

07/07/22 | 20:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Comezan a chegar as primeiras agrupacións culturais de galegos do exterior para a súa participación no VI Día da Galicia Exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta tarde no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro aos primeiros grupos participantes procedentes de Brasil e Chile

02/07/22 | 12:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Máis dun millar de galegos do exterior compartirán a próxima fin de semana en Compostela o ‘VI Día da Galicia Exterior’

Trátase dunha festa conxunta coa que os galegos do exterior e os da propia comunidade autónoma celebrarán o Ano Santo Xacobeo

22/06/22 | 11:45 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca o programa “Reecontros co Xacobeo” para 205 galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo

16/06/22 | 17:59 | Secretaría Xeral de Emigración

O saldo migratorio de Galicia seguiu a ser positivo en 2021 en 14.448 persoas

A Estatística de Variacións Residenciais (EVR) do Instituto Nacional de Estadística destaca que o ano pasado retornaron do estranxeiro a Galicia 5.381 persoas

16/06/22 | 13:38 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca o programa “conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América, percorran o Camiño de Santiago

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior de entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo

14/06/22 | 17:44 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda evidencia o esforzo de adaptación da Administración galega durante a pandemia para apoiar aos cidadáns do exterior e reclama a mesma implicación do Estado

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Madrid ao Primeiro pleno do VIII Mandato do Consejo General da Ciudadanía Española Exterior