Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/07/22 | 17:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias dalle a benvida á Feira do Libro de Vigo e lembra a figura "única" do escritor Domingo Villar

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este venres na inauguración na rúa do Príncipe dunha nova edición da feira, adicada este ano ao autor vigués recentemente falecido

01/07/22 | 17:36 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro pon en valor a excelencia e a calidade de Galicia como destino turístico no izamento da bandeira Q de Calidade no náutico de Boiro

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe no acto que tivo lugar na Marina de Cabo de Cruz

01/07/22 | 15:55

As Bandeiras Verdes de Galicia consolídanse na súa terceira edición ao recibir o triplo de candidaturas que en 2020

Ángeles Vázquez fai un balance moi positivo da reacción dos concellos ante esta iniciativa logo de recibir 20 propostas

01/07/22 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 165.000 euros na mellora do firme da vía autonómica de altas prestacións entre Chantada e o Alto do Faro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos para reforzar a seguridade nese treito acaban de comezar e durarán ata mediados de xullo

01/07/22 | 15:14 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia aconsella extremar as precaucións nos desprazamentos por estrada no inicio da operación saída

Respecte as normas de tráfico e teña en conta que a velocidade é outro dos factores que intervén nun accidente

01/07/22 | 15:07

A Xunta impulsa a promoción de 320 vivendas protexidas nas cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo ao licitar hoxe por 2,7 M€ a redacción dos seus proxectos

Ángeles Vázquez salienta que grazas a esta última licitación, o barrio coruñés de Xuxán vive un “momento crucial” cun total de 138 VPP proxectadas ou en construción

01/07/22 | 14:45 | C. de Sanidade

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria recibe o XVII Premio á Administración Sanitaria

O xurado premiou a Estrella López-Pardo polo “compromiso coa escoita e a aposta pola dixitalización” do departamento que dirixe

O Conselleiro de Sanidade acudiu a este evento organizado por Redacción Médica, en colaboración de Abbot, Carburos Médica e Organon
01/07/22 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que na vindeira primavera se iniciarán as obras para transformar a estrada AC-305 ao seu paso por Palmeira en Rúa, cun investimento de 2,2 M€

Vázquez Mourelle indica que a actuación en Palmeira, que se centrará en recuperar o espazo público para os veciños e reforzar a seguridade viaria, servirá de modelo para as outras intervencións proxectadas nos municipios polos que discorre a AC-305