Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/06/22 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras dunha nova senda peonil na estrada LU-682, á saída do núcleo de Xove cara a Cervo

A actuación, adxudicada por máis de 48.000 €, comezará nas vindeiras semanas

30/06/22 | 14:01

A Xunta pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes 11,3 millóns de euros para adquirir e rehabilitar inmobles

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concederá préstamos sen xuros para actuacións de compra e restauración de edificacións de competencia municipal

30/06/22 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén salienta a colaboración entre Xunta e Estado na educación vial dos escolares da provincia

O delegado territorial explicou que esta actividade encadrase no programa ‘Convivir, Respectar e Compartir’, orientada a dar a coñecer aos nenos e nenas os aspectos básicos da seguridade vial e compartir experiencias e medios con membros da Garda Civil de Tráfico, Policías Locais e Servizos de Emerxencias

30/06/22 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en proceso de contratación por 1,2 M€ as obras de rehabilitación integral do IES de Foz

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o groso das actuacións vai orientado a reducir o consumo enerxético mediante a mellora do illamento de fachadas e cubertas, a renovación de xanelas e a instalación de luminarias tipo LED

30/06/22 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta resolve a caducidade da concesión de Ponte Inferno e ordena a demolición dos elementos de aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo

Augas de Galicia conclúe o expediente de caducidade da concesión de aproveitamento hidroeléctrico implantado no río ao seu paso por Ponte Caldelas, Soutomaior e Pontevedra, tras cumprir o trámite de audiencia a todos os interesados e de acordo á normativa vixente

30/06/22 | 13:24 | A Presidencia da Xunta
30/06/22 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remata a substitución de carpintarías no CEIP Pintor Antonio Fernández e impulsa a mellora da eficiencia enerxética no CEIP Pedro Caselles

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anunciou a actuación no colexio do barrio de Mosteiro durante a visita de supervisión ás obras que acaban de finalizar no centro educativo de Goián

30/06/22 | 12:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias presenta o Festival Latitudes: Iggy Pop, Two Door Cinema Club, Mando Diao e The Vaccines

A delegada territorial de Xunta en Vigo presentou o esperado cartel do Festival Latitudes que se celebrará os vindeiros 19 e o 20 de agosto no peirao de Transatlánticos